OURENSE:
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado,
740 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 3,87 % (o
ano pasado a caída foi de 831, un -4,17 %).
O número de parados queda en 18.359, deles 8.163 son homes e
10.196 mulleres, 17.346 son maiores de 25 anos e 1.013 menores.
Por sectores: 1.083 son da agricultura, 2.173 da industria, 1.514
da construción, 11.868 dos servizos e 1.721 do colectivo sen emprego
anterior.
GALICIA:
Baixa o paro rexistrado en decembro
en relación co mes anterior en 351 persoas,un – 0,21 % (en decembro de
2018 tiña baixado en 1.074, un - 0,63%)
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 3.987 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 2,36 %, o que sitúa á Comunidade
como a quinta na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal,
que foi de -1,21%. Con todo salientar que o ano pasado a caída foi de 15.718, un -8,50%, o que evidencia unha clara desaceleración.
A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de
antes de 2008, sumando xa sete anos de baixadas consecutivas, desde decembro de
2013. Neste tempo a cifra de paro descendeu en máis de 113.000 desempregados, é
dicir, 2 de cada 5 parados abandonaron as listas do paro neste período.
Por sectores: 6.292 son da agricultura, 18.579 da industria, 14.085
da construción, 112.979 dos servizos e 13.373 do colectivo sen emprego
anterior.
O paro baixa nas catro provincias galegas: Ourense (-3,87%),
Pontevedra (-3,26%), A Coruña (-1,42%) e Lugo (-0,70%) e nas sete grandes
cidades, agás A Coruña, onde sobe un 0,74%.
Descende tamén en todos
os sectores, liderando esta caída a construción cun -5,87% menos de paro,
seguida pola industria, cun -5,66%. O desemprego redúcese nos colectivos prioritarios.