sábado, 4 de enero de 2020

Fomento comeza o ano licitando novas obras de estradas en Galicia, por importe de 37,6 M€ pero segue esquecendo a licitación do tramo Eirasvedras-Quíntela da variante de Ourense

Onte a web do Ministerio de Fomento dá conta da licitación de dous contratos por importe sumado de 37.697.779 millóns de euros que fan referencia a dúas obras na provincia de A Coruña.

Un deles é un contrato de obras da nova ligazón Orbital de Santiago de Compostela entre a AP-9 (PK 64+500) coa A-54 (ligazón de San Marcos PK 91) e o aeroporto de Lavacolla, cun orzamento de 25.127.779 euros.

O obxecto desta actuación é definir unha nova conexión da Autoestrada da Atlántico AP-9 coa Autovía A-54 (Lugo-Santiago), o aeroporto de Lavacolla e os polígonos industriais e comerciais do Norte da cidade de Santiago do Tambre e Costa Vella, con todos os movementos posibles.
Outro contrato é de obras dunha nova ligazón no PK 5,2 da AC-12, que prevé a construción dunha glorieta elevada, a ordenación de accesos e os cruces peonís con seguridade, no termo municipal de Oleiros (A Coruña). Esta ligazón substituirá á actual intersección do “ Solymar”.
A lonxitude da actuación proxectada é de 0,6 km, e o orzamento de licitación das obras é de 12,57 millóns de euros.


Alégrome destas licitacións, pois son necesarias, pero ao mesmo tempo pregúntome:


¿Que espera o Ministerio de Fomento para licitar as obras tan necesarias do tramo Eirasvedras-Quintela da Variante de Ourense?


Lembro que por Resolución do 22 de abril de 2019, o Director Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento aprobou o Proxecto de Construción "Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 no seu pq 573,800- Ligazón de Quintela coa N-120, no seu pq 572,000",e ordenou a esa Demarcación a iniciación do expediente de expropiación dos terreos necesarios para a execución dás obras, tendo en conta , no seu caso, o indicado no artigo 52 dá Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación. Non hai obstáculos para á licitación nin administrativos, nin orzamentarios .

Unha vez máis esiximos ao presidente en funcións Pedro Sánchez que licite unha das infraestructuras máis urxentes e importantes para Ourense, como é a variante norte.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/01/07/pp-lamenta-gobierno-invierta-coruna-ourense/0003_202001O7C3993.htm

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta