Hoxe 2 de
xaneiro de 2020 foi a data de saída do xornal en galego "Nós Diario", tanto en
papel como en formato dixital.
Informan os editores que actualizarase os 365 días do ano en www.nosdiario.gal e publicarase de
terzas feiras a sábados en papel.
As 32 páxinas a cor estrutúranse nas seccións Galiza, Economía e Traballo, Internacional, Opinión e Cultura e Axenda. Ademais, os sábados acompaña o diario o seu suplemento semanal, Sermos Galiza, que toma o nome da publicación nada en 2012.

Neste primeiro número, que comprei nun kiosko de Ourense, a xornalista, Ana G. Liste, eleborou
unha información que titula “Galiza ten todo por facer en Madrid” e subtitula “As grandes infraestruturas, as deficiencias nas
comunicacións, a continuidade das electrointensivas, a transición enerxética e
o autogoberno son os principais asuntos pendentes da Galiza no Congreso das
Deputadas”
https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/galiza-ten-todo-facer-madrid/20200101175650089047.html
Nel recolle os testemuños de catro dos 23 deputados galegos:
Pablo Arangüena (PSdeG-PSOE), Antón Gómez-Reino (GC), Néstor Rego (BNG) e Celso Delgado (PPdeG) sobre os
asuntos chave para o país que dependen das decisión do Congreso.
Dí a información que “Todos os
partidos coinciden en que é "urxente" ter un Goberno con plenas
funcións no Estado para aprobar un estatuto para as industrias electrointensivas que
permita a súa continuidade na Galiza. "Máis de 5.000 postos de traballo
directos na Mariña, en Ferrolterra, na Coruña e na Costa da Morte dependen
disto", explica o deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso,
Néstor Rego.
Coa vista posta tamén nunha "transición
enerxética" que traia consigo unha
"alternativa" para As Pontes e Meirama, as grandes
infraestruturas centran os discursos, co AVE a Madrid como protagonista.
Para o deputado do PP Celso Delgado hai un compromiso "incumprido" e Fomento "non dá información", pese a que, nas súas palabras, "Galiza precisa as máximas capacidades de comunicación de cara ao grande acontecemento de 2021: o Xacobeo". Mentres, o socialista Pablo Arangüena asegura que "o Goberno está a facer o máximo esforzo".

Tamén recolle opinións sobre a situación do
corredor atlántico, a AP-9 e as autovías. Tamén sobre o galego, o reto
demográfico, o autogoberno e os orzamentos
xerais do Estado.
Os meus mellores desexos para este diario feito íntegramente en galego e que di pretender a facer xornalismo crítico e indepedente "en base a unha ollada construtiva cara á realidade galega para contribuír a que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada"

Recibirá resposta