sábado, 18 de enero de 2020

O Sergas formalizará a contratación de dous pediatras para Verín na vindeira semana, o que posibilitará a reapertura do paridorio


Hoxe a nova xerente do Hospital Público de Verín, Guillermina Agulla, confirmou que está previsto que a vindeira semana se poida formalizar a contratación de dous pediatras para a atención aos recén nados, e que permitirá a reapertura do paritorio nos primeiros días de febreiro.
Por outra banda, Agulla, explicou que os Sergas traballa ademais na redacción do protocolo dos servizos hospitalarios implicados que permita retomar a atención aos partos en Verín, coa seguridade e garantías imprescindibles para as nais e os nenos, nos primeiros días do vindeiro mes de febreiro.
A xerente de Verín suliñou estes avances cos que se amosa o compromiso do Sergas co Hospital de Verín, así como a súa aposta por desenvolver as propostas e proxectos necesarios para reforzar e mellorar a atención sanitaria que desde o Hospital Público de Verín se ven prestando á poboación da comarca de Monterrei.

Carteira de servizos

A pesar das dificultades derivadas da dificultade de cobertura de postos en determinadas especialidades e que afecta a todo o Estado, a carteira de servizos do Hospital Público de Verín conta unha carteira ampla e adaptada ás características demográficas da poboación.
Cómpre salientar a dispoñibilidade de atención en especialidades tan tecnolóxicamente dependentes e complexas como Nefroloxía, Oncoloxía, Dixestivo, Cardioloxía, Neuroloxía, etc, que completan a carteira de servizos básica do hospital verinense (Medicina Interna, Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Radioloxía, Xinecoloxía ou Urxencias).
En concreto, en Xinecoloxía préstase atención á muller xestante, diagnóstico xinecoobstétrico, cirurxía xinecolóxica de baixa complexidade, hospitalización xinecoobstétrica.
Como datos desta realidade podemos indicar que para os 26.000 habitantes do distrito, a actividade que se realiza no hospital verinés, supera os 2500 episodios de hospitalización, as 2000 intervencións cirúrxicas, as 65.000 consultas e as 13.000 urxencias, con demoras globais que están entre as máis baixas, xa non só de Galicia, senón no conxunto do Sistema Nacional de Saúde, e cun nivel de satisfacción da cidadanía sobresaínte.
Cómpre lembrar os resultados no balance de listas de espera de 2019 obtidos no Hospital de Verín, cunha media de acceso a consultas de 30 días e de 31 á intervencións, con demora cero en prioridade 1, aquelas que se corresponden coas patoloxías mais graves.
Celebro esta estupenda noticia da reapertura do paridoiro de Verín, que  agardamos debvova a confianza e a tranquilidade aos usuarios da sanidade ná comarca verinesa.