domingo, 19 de enero de 2020

Demandando a RENFE actuacións urxentes para poñer freo á degradación dos servizos ferroviarios en Galicia

Hoxe tivo lugar en Monforte de Lemos, unha concentración de cargos do Partido Popular de toda Galicia e da veciña comarca do Bierzo, para denunciar a degradación dos servizos ferroviarios rexionais e de media distancia en Galicia e dar conta das accións para demandar a RENFE respostas urgentes para solucionar os problemas e ofertar certeza e calidade aos usuarios do ferrocarril.


Asistiron: O Vicesecretario de participación do PP, Jaime Olano, a Presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia. Deputados e senadores nacionais. Parlamentarios autonómicos. Deputados provinciais. Alcaldes e concelleiros de Concellos afectados: Monforte, Sarria, O Barco, A Rúa, O Carballiño, Tui, Redondela, etc. E o portavoz municipal do PP no concello de Ponferrada, Marco Morala.

A miña intervención, primeiro na sede local e logo más breve na estación de Monforte, foi a seguinte:

INCIDENCIAS

O principal obxecto foi denunciar o progresivo e alarmante deterioración do servizo ferroviario convencional que presta RENFE en Galicia, que vén agravando dunha maneira crecente nos últimos meses.

Isto sucede en practicamente en todas as liñas ferroviarias que discorren por Galicia con excepción do Eixo Atlántico (Vigo-Pontevedra-Vilagarcía-Santiago- A Coruña) e o corredor Ourense-Santiago-A Coruña que dispoñen de infraestrutura e material de mellor calidade.

A deterioración é especialmente significativa na liña Vigo-Redondela- Porriño- Ribadavia-Ourense-Monforte-Quiroga-A Rúa- O Barco-Ponferrada-Astorga-León. Por esta liña circulan os trens máis antigos do parque móbil de Renfe, as unidades 470 que realizan o servizo diúrno. De máis de 35 anos. 

Existe un problema de falta de trens e de obsolescencia do material rodante (trens rexionais, tren hotel, etc) o que provoca constantes avarías. Tamén hai falta de suficientes maquinistas o que provoca anulacións de trens, e carencias de persoal de mantemento de trens que poida atender con prontitude as incidencias que se producen. E denunciamos tamén un defectuoso mantemento da infraestrutura por parte de ADIF que se evidencia nas moi frecuentes caídas desde as trincheiras de árbores ou pedras sobre a vía e catenaria, fallos na electrificación, etc.

Denunciamos tamén os constantes fallos nos protocolos de atención aos viaxeiros cando se producen incidencias. A resposta é tardía, falta información aos viaxeiros, os autobuses e taxis chegan con atraso, etc.

Os usuarios padecen constantes demoras, prodúcense anulacións de trens sen previo aviso. Tampouco hai horarios adecuados e en moitas ocasións faltan prazas nos trens de longo percorrido.

En definitiva, está a prexudicarse gravemente aos usuarios do ferrocarril que esperan fiabilidade e calidade e atópanse co contrario, degradación do servizo e incerteza.

Estes días lemos nos medios de comunicación testemuños de persoas que dicían: “Cando vou neste tren, a miña irmá xa pon unha vela”, “ Teñen ou rural incomunicado”, “É horrible  coller este tren”. “Os trens rexionais están podrecidos”. “Ninguén ofreceu nin auga nin comida ata que descubrimos que tiñamos dereito a iso”

E titulares como “ Hartazgo dos viaxeiros dos trens rexionais polas frecuentes avarías”, “O aumento de incidentes en trens de proximidade indigna aos ourensáns”, “Desde hai dous anos é horrible, abandono total”, “Odisea ferroviaria: viaxeiros varados en San Clodio nun Rexional avariado”.

VENDA DE BILLETES

Tamén denunciei  a actuación do Goberno, de RENFE e ADIF en relación a venda presencial de billetes nas estacións.

Poucos días antes de finalizar o pasado ano 2019 RENFE informou que deixaría  a partir do día 31 de decembro de realizar esa actividade, nas estacións do Carballiño e Ribadavia en Ourense, a de Ortigueira na Coruña, as de Burela, Sarria e Viveiro en Lugo e as de  Guillarei e Redondela en Pontevedra. En consecuencia aos usuarios do ferrocarril obrigábaselles a comprar os billetes en máquinas  autoventa  ou  na oficina de Correos.

Esa decisión de pechar nas estacións o servizo presencial de venda de billetes prexudicaba claramente o mantemento dos servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural, e incidía na deterioración crecente dos servizos ferroviarios. Por iso foi inmediata a reacción contraria a esta medida por parte da Xunta, o Partido Popular, os concellos e por suposto os usuarios e os medios de comunicación. Esta reacción produciuse tamén a nivel de toda España, por exemplo na veciña Comunidade de Castela-León.


Ante esta protesta, RENFE o 2 de xaneiro de 2020  emitiu un comunicado “garantindo a venda presencial en todas as estacións nas que  Adif viña desenvolvendo a actividade ata a data “, pero condicionándoa a “que dispoñan dunha media diaria superior a 100 viaxeiros e un volume determinado de vendas en despacho de billetes”. E que “para todas as estacións Renfe habilitará máquinas autovenda”

Esta rectificación resultou de xeito evidente insuficiente, debido a que seguía deixando fóra de cobertura á maioría de estacións galegas que non chegaban aos “mínimos” decididos por RENFE.  As protestas continuaron.

Houbo que esperar ata mediados do presente mes para que o  MITMA, dese instrucións a RENFE e ADIF para que se rescatase “polo menos ata o 31 de marzo a venda de billetes nas estacións”. Con todo aínda hai estacións nas que esa venda presencial non se recuperou, e faltan as máquinas  autovenda.

Todo o anterior evidencia a falta de seriedade e planificación do  MITMA, de RENFE e de ADIF. Imos seguir pedindo  esxplicaciones e demandaremos un Plan definitivo que asegure a continuidade do servizo de venda presencial en todas as estacións, sen limitación temporal.

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS:

Finalmente din conta de que se presentaron  iniciativas parlamentarias tanto no Congreso como no Senado e vanse a seguir presentando para pedir ao MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD E AXENDA URBANA ( MITMA ), a RENFE e a ADIF explicacións sobre o que está a suceder. 

E para esixir actuacións urxentes  e plans que se acometerán para poñer freo á deterioración dos servizos ferroviarios de Galicia, especialmente na relación Vigo - Ourense – Ponferrada e na relación A Coruña - Lugo – Monforte de Lemos.


Tamén informaron de que se presentaron iniciativas no Parlamento de Galicia, e tamén se presentasen en Deputacións e concellos.

A máis diso as actuacións que xa ten en marcha a Xunta de Galicia, que demandou unha urxente actuación a RENFE para  abordar este problema.

Igualmente presentáronse e seguiranse presentando iniciativas para asegurar a continuidade da venda presencial de billetes nas estacións.

Pola súa banda, o vicesecretario de Participación do PP e deputado por Lugo, Jaime de Olano, fixo mención aos continuos ataques do Goberno de España a Galicia.

De feito, lembrou que as incidencias que están a padecer aqueles que usan o tren como medio de transporte se suman a outros máis globais, como a débeda de 370 millóns de euros que Pedro Sánchez non quere pagar aos galegos. 

O parlamentario dixo que os problemas ferroviarios nestes concellos son responsabilidade dun Executivo que en Madrid fala da España baleirada pero que fóra dos micrófonos reduce servizos e prestacións nos concellos medios e pequenos. 

Jaime de Olano lembrou a necesidade de convocar de xeito inmediato o Consejo de Política Fiscal e Financeira e que o sistema de Financiamento sexa reformulado para que a arbitrariedade de ningún goberno en xeral poida prexudicar os dereitos de ningún territorio nin se podan furtar cartos a ningunha autonomía. “Co primeiro orzamento que presentaron rebaixaron un 30% o investimento en Galicia e incrementaron o diñeiro nun 60% para outros territorios”, apuntou.

Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, pediu aos socialistas galegos que deixen de aplaudir as decisións do Goberno central, que “fai exactamente o contrario do que debería para afrontar o reto demográfico”.