Participo esta mañá, vía telefónica
desde Ourense no faladoiro do programa Voces de Galicia de Radio Voz, que
moderou Antía Díaz e no que estivo tamén Pepe García.
Como tema principal abordamos o adianto electoral anunciado
onte polo presidente da Generalitat, Quim Torra, que incide no caos político de
Cataluña e terá consecuencias directas nas aspiracións de Pedro Sánchez para
sacar adiante os PGE, para o que necesitará o apoio de ERC.
Dixen que estamos ante un divorcio
traumático de JxCat e ERC e que a legislatura xa está esgotada. Ademais segundo
unha opinión xurídica maioritaria Torra non pode continuar á fronte do Govern
catalán e debería cesar de inmediato trala sua inhabilitación como deputado. Así
que as decisións que poida tomar nesa situación poderían ter consecuencias de
nulidade.
Preguntado sobre si este adianto en Cataluña podería influír
en que houbese unha convocatoria simultánea en Galicia e País Vasco, opinei que
fronte á instabilidade catalá en Galicia vivimos unha total estabilidade
política e que baixo ningún concepto estamos ao rebufo do que poidan facer
outros.
Lembrei que o 17 de decembro de 2019 Galicia aprobou
os seus Orzamentos para 2020 e que polo tanto mantén un ano máis a normalidade
do seu ciclo orzamentario, fronte á situación do Goberno central –que comezará
o exercicio 2020 coas contas de 2018– e doutras comunidades que terán que
prorrogar os seus presupostos. E dixen que tamén o executivo Galicia ten un
programa de accións a implementar nestes meses de gran trascendencia e que no
Parlamento de Galicia están en trámite proxectos leis de importancia como a de
impulso demográfico ou a de ordenación do territorio. Galicia é unha comunidade de primeira e ten axenda propoa, engadín.
A moderadora tamén nos
propuxo falar da decisión do Goberno de Pedro Sánchez e da ministra de Facenda,
María Jesús Montero, de impagar a Galicia os 200 millóns do IVE do ano 2017 que
ou Goberno xa recadou e que quere quedarse non seu peto.
Dixen que a ministra
comprometeuse en agosto de 2018 a pagar eses cartos no ano 2019. Tiveron 11
meses para arranxar este problema e non quixeron facelo. Engadín que este impago
terá un impacto moi negativo non déficit de 2019 tal e como xa advertiu a
Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal.
Confirmei a posición
expresada polo presidente Feijóo de que unha vez esgotadas todas as
posibilidades dun entendemento institucional, a Xunta acudirá ao ámbito
xudicial.
Lamentei
a posición do PSOE galego nesta cuestión: é o único partido que defende a
actuación do Goberno de Sánchez, e faino con propostas tan peregrinas como
relacionar a devolución dos 200 millóns do IVE co novo modelo de financiamento.
Afirmei que foi inxustificable a posición do BNG de apoiar a investidura
dun Goberno que o primeiro que fai, é negar aos galegos os 200 millóns que se
deben. Recordei que non hai unha soa liña respecto diso no famoso acordo
asinado por Néstor Rego, esixindo o pago desta suma.
As débedas non
prescriben e hai que pagalas, porque son cartos que financian os nosos servizos
públicos.