Os traballadores de Alcoa en San Cibrao, e tamén de A Coruña e Asturias viñeron hoxe a maniféstarse en Madrid ante os ministerios de
Transición Ecolóxica e Industria e tamén ante do Congreso dos Deputados para
demandar que se aprobe canto antes o estatuto para as empresas
electrointensivas que permita abaratar o prezo da enerxía e garanta a
continuidade desta empresa fabricante de alúmina e de aluminio.
Na concentración ante o ministerio que dirixe a vicepresidenta Teresa Ribera, estiven con outros responsables políticos do PP de G, entre eles o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen esixiu ao Goberno de Pedro Sánchez que aprobe de forma inmediata o estatuto da industria electrointensiva “ou que vaia pensando en cesar á ministra de Transición Ecolóxica porque non fai o seu traballo”.
Deixou claro que o Executivo central “xa non ten máis escusas
e xa non está en funcións”. “Onte o Consello de Ministros puido ter aprobado o
estatuto da industria electrointensiva e dar solución a todas estas empresas e
non o fixo. Levamos máis de un ano agardando por isto e meses de enganos
continuados do Goberno de Pedro Sánchez”, lamentou.
Nese senso, insistiu na necesidade de contar xa co
estatuto para evitar que cando se aprobe xa non queden empresas en Galicia que
se poidan acoller a el para garantir a súa continuidade e o emprego.
Como lembrou, esta é unha cuestión que na nosa Autonomía afecta
a 5.000 postos de traballo polo que, como primeiro partido da Comunidade, “o noso
compromiso é estar do lado dos traballadores defendendo os intereses de Galicia
e plantándolle cara a un Goberno que día a día castiga ao conxunto dos
galegos”.
Nas súas declaracións, o número dous do PPdeG amosouse
sorprendido de que na manifestación participasen deputados de Podemos, facéndolle
unha protesta ao seu propio Goberno unha semana despois da súa constitución: “É
unha tomadura de pelo aos galegos”.
Despois desta manifestación, voltei ao Congreso para
participar nunha reunión con dirixentes sindicais de Alcoa, USO, CCOO e UGT e responsables do Grupo Parlamentario
Popular, e logo saúdamos aos manifestantes na Carreira de San Jerónimo.