Onte informaba Adif, que procedeu a aprobar a licitación dun contrato para a redacción de proxectos de mellora de infraestrutura e vía no tramo Covas – Monforte de Lemos, pertencente á liña de ancho convencional León-A Coruña.
O tramo formará parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León.
Dan conta nunha nota de que "o contrato, cun orzamento de licitación de 3.365.366,12 euros (IVE incluído), comprende o estudo e posterior redacción de proxectos de mellora, en caso necesario, de desmontes, terrapléns, pontes, túneles e obras de drenaxe, así como a renovación de elementos de vía do tramo Covas-Monforte, dun 85 km de lonxitude.
Actuacións
-Desmontes e terrapléns: analizaranse os problemas detectados (esvaramentos, asentos, etc.) e proxectaranse as solucións para os puntos onde sexa necesario actuar.
- Pontes: efectuarase a inspección de todas as pontes do tramo e proxectaranse as medidas de actuación necesarias.
- Túneles: analizaranse os problemas detectados (mal funcionamento de drenaxes, mal estado do revestimento ou dos noiros nos emboquilles, etc.) e proxectaranse as solucións necesarias. Ademais realizaranse estudos de gálibo para comprobar que as estruturas se axustan á normativa actual, analizándose posibles ampliacións de sección se fosen necesarias.
- Drenaxes: análise das obras de drenaxe e proxectos de solucións onde fosen necesarias.
- Renovación de vía en todo o tramo:
- renovación do balasto en mal estado e achega nos casos necesarios para substitución de travesas.
- substitución de travesas por travesas polivalentes.
- renovación de aparellos de vía.
- substitución de carril."