miércoles, 8 de enero de 2020

Sobre o proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense


Hoxe nunha nota de prensa a Xunta lembra que “o proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense foi aprobado pola Comisión superior de Urbanismo da que forma parte o Colexio de Arquitectos. O proxecto é froito dun acordo entre a Administración autonómica, o Ministerio de Fomento e o Concello.

Ese proxecto someteuse a un proceso de información pública e incorporou a maior parte das alegacións presentadas, principalmente, polo Colexio de Arquitectos de Ourense, que forma parte do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Ademais, este proxecto está acordado co equipo de arquitectos de Norman Foster, responsable do deseño de remodelación da terminal ferroviaria e de integración urbana. Sorprendente  que o Colexio de Arquitectos de Ourense estea a manifestarse en contra dun proxecto que contribuíu a elaborar.

Precisamente, unha das modificacións introducidas no proxecto en acordo co Colexio de Arquitectos foi a relación co centro de saúde colindante, que se protexeu mediante un cambio dos accesos previstos e a través dunha barreira vexetal.

Ademais, a maioría dos autobuses que entran e saen da actual estación xa pasan por diante do centro de saúde, polo que a construción da nova infraestrutura non suporá unha maior afección. O Goberno galego está a investir 9 millóns de euros  na estación de autobuses intermodal de Ourense e no aparcadoiro subterráneo que executa Adif.

Esta infraestrutura vai a supoñer unha mellora substancial para a mobilidade da cidade e da provincia de Ourense, facilitando o acceso ao transporte público para milleiros de persoas.

A Xunta agarda que o Ministerio de Fomento se comprometa plenamente e cun cronograma, coa remodelación ferroviaria e coa integración urbana de acordo co proxecto previsto. Ese conxunto permitirá aproveitar ao máximo o potencial da estación intermodal de Ourense e suporá unha importante mellora para a configuración da cidade ao superar a barreira entre os barrios da Ponte e do Vinteún.

Ademais, solicita que o Ministerio de Fomento que aclare canto antes a data prevista para o remate das obras do AVE a Galicia”

ANTECEDENTES:

En relación con este tema quero resaltar que a localización da nova estación de autobuses de Ourense, é froito dun acordo alcanzado o 22 de xuño de 2016 entre  Adif Alta Velocidade, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense.

O 16 de xuño de 2017  Foster+ Partners presentou no auditorio de Ourense, diante da sociedade civil e coa presenza das máximas autoridades, o proxecto para o desenvolvemento da nova estación ferroviaria de Ourense.

Na nota de prensa dicíase entre outras cousas que “ a estación estaba financiada por  Adif Alta Velocidade e integrada dentro dunha estratexia global urbana nun espazo intermodal onde se situará tamén a estación de autobuses. Esta última está financiada pola Xunta de Galicia e foi deseñada por Proyfe.”

Que “a adecuación e adaptación da estación ás novas necesidades de servizo responde o Convenio Marco de Colaboración subscrito o pasado 22 de xuño de 2016 entre  Adif Alta Velocidade, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para o desenvolvemento dun futuro conxunto intermodal na cidade e a súa contorna urbana, que estipula que  Adif Alta Velocidade executará e financiará as obras de adaptación da estación de ferrocarril aos servizos de alta velocidade cun total de 140 millóns de euros (IVE/IVE incluído). O proxecto complétase cos 10 millóns (IVE/IVE incluído) que a Xunta investirá no desenvolvemento da estación de autobuses e o aparcamento subterráneo”.

E na nota cando se describían as principais actuacións para a adaptación da estación de Ourense aos novos servizos de alta velocidade citábanse entre outras:  

“- Adaptación e ampliación do edificio de viaxeiros existente mediante un novo vestíbulo capaz de aloxar zonas de espera, comerciais e aquelas asociadas aos novos fluxos de viaxeiros, en óptimas condicións de confort e seguridade, permitindo a  intermodalidad coa nova estación de autobuses.

- Definición dunha nova praza peonil cuberta na fronte da estación actual, que funciona como  nodo intermodal e gran espazo público representativo, que conecta a estación de ferrocarril, a nova estación de autobuses, o novo aparcamento subterráneo e a nova pasarela peonil urbana entre os barrios de “O Vinteún” e “A Ponte”.


E fai poucas datas, en concreto o 23 de marzo de 2019 nunha nota de ADIF-AV (baixo administración socialista) dicíase sobre a Estación Intermodal de Ourense o seguinte: “A nova estación ferroviaria de Ourense, que contempla investimentos por un importe total de 146,1  M€ IVE incluído), está integrada dentro dunha estratexia global urbana nun espazo intermodal, onde se situará tamén a estación de autobuses, a cargo da Xunta de Galicia.

O proxecto para a estación está desenvolto polo prestixioso equipo de arquitectos de  Foster+ Partners, e nel participou tamén a enxeñería pública  Ineco. A proposta dá resposta tanto ás necesidades ferroviarias como de mobilidade e permeabilidade na cidade.”


Concluíndo: nada se decidiu de modo unilateral, tratouse de acordar e primouse a intermodadlidade máxima. E tivéronse en conta opinións para mellorar o proxectado.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta