sábado, 1 de febrero de 2020

Demoras na redacción do proxecto da subestación eléctrica de tracción de As Portas


O pasado 20 de marzo de 2018 publicaba a Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, pola que se formulaba declaración de impacto ambiental do proxecto Liña de alta tensión entre as subestacións de Conso (REE) e As Portas (ADIF), Ourense.

https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/20/pdfs/BOE-A-2018-3931.pdf

Encoro de As Portas 

No mes de maio de 2019 preguntábamos os deputados do PP no Congreso ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?
E o Goberno o 31 de xullo de 2019 contestaba: “En relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación de tracción de ADIF.



Con data 12 de decembro de 2019, nesta nova lexislatura preguntamos : "Cal é a data de resposta o estado do proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de  As Portas integrada na Liña de alta tensión Conso- As Portas que foi adxudicado por ADIF-AV?

E tamén:  En que data ADIF- AV procederá a licitar e adxudicar as obras da necesaria subestación de tracción de  As Portas e da súa liña de alta  tenión de conexión á subestación de Conso de Rede Eléctrica?

Pois ben en data recente, o 24 de xaneiro de 2020, o Goberno contesta: " En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto construtivo da liña de alta tensión 220  Kv Conso- As Portas e a subestación de  As Portas atópase en redacción"

Subestación de Conso
Certamente unha resposta decepcionante, primeiro por canto acredita a enorme tardanza na redacción do proxecto e por outra ao non existir nin o máis  minimo compromiso de dar unha data de licitación.

Este proxecto é moi importante para que a LAV a Galicia funcione a pleno rendemento e permita a circulación simultánea de varios trenes.

A solución provisional é que a catenaria reciba a enerxía desde as subestacións de Arbillera e de Amoeiro, pero iso ten limitacións á circulación.

Continuaremos insistindo.