O
pasado 12 de decembro de 2019
os deputados populares, Ana Vázquez e Celso Delgado, pola provincia de Ourense
rexistramos no Congreso a seguinte pregunta: ¿Que razóns explican o importante atraso por parte do Ministerio de
Fomento en concluír o proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria
na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos
na N-525 PK. 244+368. Termo municipal de Coles, Ourense?”
Con data 31 de xaneiro de 2020, o Goberno respondeu que “o proxecto de trazado "Mellora da
seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e
reordenación de accesos na N-525 PK. 244+368. Termo municipal de Coles,
Ourense” atópase actualmente en fase de redacción, pendente de ser sometido ao
trámite de información ao público”.
Esta resposta é moi decepcionante pois
evidencia o importante retraso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda
Urbana (MITMA) e da súa Dirección Xeral de Estradas en redactar un proxecto
que é de reducidas dimensións, pero de gran importancia para seguir mellorando
a seguridade viaria.
A demora é moi notable xa que o 3 de xullo de 2019 o Ministerio que
dirixe José Luis Ábalos, en resposta a
unha pregunta dos deputados ourensáns, dicía
sobre este proxecto que “está en fase de redacción e ou seu trazado deberá someterse a información
Pública. Unha vez sometida a información pública e aprobado o proxecto de
trazado iniciarase a redacción do proxecto de construción”. É dicir
exactamente o mesmo que seis meses despois.
En consecuencia, os deputados constatamos
a desidia do Goberno e denunciamos esta importante demora, urxindo ao ministerio a que conclúa xa a redacción do
proxecto e dea paso aos seguintes trámites.
Compre lembrar que a finais de novembro de 2016, na etapa
de goberno do Partido Popular, remataron as obras de rehabilitación do firme
nas que se invertiron - con outras actuacións - 716.909 euros, incluíndo a sinalización e balizamento, así
como a instalación dun radar de tramo, mellorando notablemente a seguridade na
estrada N-525 ao seu paso polo municipio de Coles, cando antes era un tramo de
alta concentración de accidentes.
Malia todo, os veciños de
Ribela e Sobral consideraron que a seguridade estaría máis garantida cando se
construira un paso inferior e unha ligazón en Ribela. O actual pintado dunha
liña continua impide facer o xiro cara a Ourense polo que, para realizar o
cambio de sentido, os condutores deben avanzar uns quilómetros máis arriba, ata
ao cruzamento de Gustei.
A súa
demanda foi atendida polo goberno popular e, así, en marzo de 2017 o Ministerio
deu a orde de estudo previa a redacción deste proxecto. Nos orzamentos de 2018, elaborados polo Goberno do PP e
agora prorrogados hai unha partida de 500.000 euros para este fin.