jueves, 27 de febrero de 2020

Adif confirmou hoxe un novo retraso ao situar en xuño de 2021 a entrada en servizo do AVE a Galicia


Hoxe o Director Xeral de Adif Alta Velocidade, Juan Pablo Villanueva, supervisou o avance dos traballos de montaxe de vía do tramo Pedralba de la Pradería-Ourense, pertencente á Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.

Nunna nota informa ADIF-AV que “A visita iniciouse no túnel  bitubo (unha vía por cada tubo) de O Corno, onde se revisaron os labores de  hormigonado da vía en placa. Seguidamente visitouse o túnel  bitubo de  Corga de Vela (subtramo Prado-Porto), onde se puideron contemplar os labores de descarga de carril sobre a placa xa executada.

Montaxe de vía

No tramo Pedralba de la Pradería – Ourense, xa están montados ao redor de 70 km da vía dereita, do total de 101 km de nova plataforma entre  Pedralba e Taboadela. Espérase ter continuidade en vía dereita desde  Pedralba a Taboadela (e por extensión de Madrid a Taboadela) en ancho estándar (1.435 mm) a mediados do mes de marzo, e as dúas vías totalmente terminadas en xuño.

O  hormigonado da vía en placa en vía dereita está completado desde o mes de xaneiro, e sobre ela estase montando o carril que queda á súa cota definitiva cun avance semanal de 17,8 km. Actualmente estase  hormigonando a placa na vía esquerda dos túneles de  Cañizo,  Bolaños,  Corno e  Seiró.

O tramo  Pedralba-Ourense é único en España pola súa alta de concentración de vía en placa (sobre formigón, en lugar de sobre o tradicional  balasto), un 72% do total do tramo.

O rendemento de execución da vía en placa en vía dereita foi de 5 km semanais, logrado con ata 5 equipos traballando simultaneamente. Un rendemento un 30% superior ao logrado en tramos comparables como os túneles de  Guadarrama (28 km de vía en placa en cada un dos dous tubos).

Preguntado polos periodistas – os únicos invitados - manifestou que  “están en disposición de  poner o VAVE en servizo ata Ourense e xuño de 2021”

Pola súa a XUNTA de Galicia – que non foi invitada a esta visita – difundíu unha nota na que “lamenta que o Goberno de España desprece sistematicamente as solicitudes de información sobre o AVE mentres aumenta o retraso acumulado nas obras”. 

E engade “O director xeral de Adif Alta Velocidade realizou hoxe unha visita institucional de supervisión dos traballos na liña entre Madrid e Galicia sen convocar a ningún representante do Goberno galego, que ven demandando de forma reiterada información oficial sobre a evolución das obras.

A Xunta continúa á espera de que o Ministerio de Transportes dea unha resposta á solicitude formulada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de constitución dunha comisión de seguimento das obras do AVE a Galicia, similar ás creadas con outras comunidades autónomas.

A Administración autonómica lamenta, tamén, que o alto cargo de Adif confirmase  hoxe un novo retraso, ao situar en xuño de 2021 a entrada en servizo do AVE a Galicia. Ademais, sinala a incoherencia que supón que o administrador ferroviario concrete ata o mes de entrada en servizo cando nin tan sequera comezaron as probas de seguridade, un cambio significativo no criterio habitual de Adif.

O director xeral do organismo, situou ademais a finais de xuño deste ano a posta en servizo do treito entre Zamora e Pedralba, que estaba comprometida polo ministro José Luis Ábalos para o ano 2019.

O ministro de Transportes comprometeu oficialmente en Galicia que as obras do AVE rematarían a finais de 2019. A Xunta considera que José Luis Ábalos debe exixir explicacións e responsabilidades dos técnicos de Adif que lle trasladaron un cronograma que non se cumpriu.”