Coñecemos
hoxe que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou a 19.164.494
persoas, 244.044 menos que no mes anterior.
O
Ministerio considera que este descenso reflicte o impacto do fin da campaña do
Nadal e baixa en 244.044 ocupados (1,26 %), cun retroceso máis intenso en
Comercio e Hostalería. E que este ano,
ademais, o dato reflicte o impacto das tormentas nas campañas agrícolas de
tempada, o que se reflicte no balance mensual do Sistema Especial Agrario que
rexistra un descenso de 15.317 traballadores.
O
primeiro mes do ano rexistrou 8.938.219 mulleres traballadoras, a cifra máis
alta dos meses de xaneiro e un 2,53% máis que en 2019. En canto aos homes, a
cifra de traballadores alcanza os 10.226.275 ocupados (53,36%).
Respecto
a 2019
Con
relación ao pasado ano, o Sistema sumou 345.194 traballadores, o 1,83%. O
Réxime Xeral continúa sendo o que destaca polo seu comportamento, xa que
incorpora 329.066 persoas ocupadas (2,12%). Se consideramos o dato
correspondente ao Réxime Xeral propiamente devandito (sen Agrario nin Hogar), a
cifra aumenta ata os 392.432 afiliados, o que supón un crecemento interanual do
2,74%.
En
canto ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos, a taxa aumentou un 0,52%,
o que se traduce nun crecemento de 16.747 persoas. Os réximes do Mar e do
Carbón rexistraron descensos de 229 (-0,37%) e 391 (-23,71%) persoas,
respectivamente.
En
termos anuais, a afiliación creceu en case todas as Comunidades Autónomas. Destacan
en cifras absolutas os incrementos de Madrid (91.031), Cataluña (57.491),
Andalucía (47.686) e Comunidade Valenciana (44.113). En sentido contrario
rexístrase un leve descenso en Estremadura (-28) e na Ciudad Autónoma de
Melilla (-314).
Respecto
a decembro
O
Réxime Xeral rexistrou un descenso de 224.909 persoas en xaneiro (-1,40%), o
que sitúa o total en 15.851.141 ocupados.
En
xaneiro, a afiliación baixou en termos absolutos principalmente nos sectores de
Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas (-43.057), Hostalería
(-42.987), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, (-39.752) e
Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, (-10.075).
En
canto ao Sistema Especial Agrario por conta allea do Réxime Xeral baixa en
15.317 afiliados medios, ata situarse agora en 762.548 persoas. Pola súa banda,
o Sistema Especial do Empregados do Hogar decreceu en 2.610 e totaliza 394.017
ocupados.
O
Réxime de Autónomos conta con 3.251.119 persoas, tras decrecer en 17.969 no
último mes. Respecto ao Réxime Especial do Mar, descendeu en 1.139 ocupados ata
situarse en 60.976 afiliados. Finalmente, o Carbón está constituído por 1.257
afiliados medios tras descender en 26 persoas.
Por CCAA, o número de afiliados en
xaneiro baixo en maior medida en Andalucía (-40.148), Cataluña (-39.727),
Madrid (-34.083) e Comunidade Valenciana
(-33.354).
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xaneiro en 1.006.506 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 13.753 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 1,35 %).
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xaneiro en 1.006.506 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 13.753 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 1,35 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 14.136 ocupados (1,42 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 778.092
afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.953 afiliados medios, e o Réxime
do Mar finalizou con 20.461 afiliados medios.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado
xaneiro en 101.860 ocupados, cifra que supuxo un descenso de
1.405 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 1,36 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta
provincia un aumento de 1.014 ocupados, (-1,01 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 78.457 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.403 afiliados medios.