martes, 4 de febrero de 2020

En xaneiro o paro rexistrado aumenta en 90.248 persoas, a maior subida desde a recuperación

Difunde hoxe o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social unha nota na que dá conta de que en xaneiro de 2020 o número de parados rexistrados medrou en 90.248 en relación con el mes anterior (2,85 %). O número de parados rexistrados no mes de xaneiro de 2019 medrara nun 2,61%.

Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.253.853 persoas.

O desemprego masculino sitúase en 1.356.980 persoas, ao aumentar en 28.584 (2,15%) e o feminino en 1.896.873, ao incrementarse en 61.664 (3,36%) en relación ao mes de decembro.

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos increméntase en xaneiro en 7.534 persoas (3,05%) respecto ao mes anterior, mentres que o paro de 25 e máis anos sobe en 82.714 (2,84%)

O paro rexistrado baixa nunha comunidade autónoma: Illes  Balears (-266) e sobe, pola contra, nos 16 restantes, encabezadas por Andalucía (28.156) e Madrid (11.417).

Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Construción, en 9.368 (-3,42%) e no colectivo sen emprego anterior, en 3.145 persoas (-1,22%). Pola contra, increméntase en Agricultura, en 9.085 (6,45%), en Industria, en 2.719 (0,99%) e en Servizos en 90.957 (4,11%).


GALICIA

O paro rexistrado en Galicia medrou en xaneiro en 2.447 persoas con respecto a decembro (un 1,48 %). 

O número de parados queda en 167.755, deles 72.387 son homes e 95.368 mulleres, 159.921 son maiores de 25 anos e 7.834 menores.

Por sectores, 6.161 son da agricultura, 18.363 da industria, 13.846 da construción, 116.181 nos servizos e 13.204 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 7.045 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,03 %. T
rátase dun nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos.