Onte celebrouse en Ourense a Xunta Directiva do PP de OU coa presenza do presidente do PPdeG e
candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do 5 de
abril, Alberto Núñez Feijoó.
As miñas obrigas parlamentarias en Madrid
me impidieron asistir.
O presidente provincial Manuel Baltar
definiu a Feijoó como “o punto de encontro da moderación e do progreso, a
persoa e o político que representa a estabilidade, acreditado por once anos de
goberno e sendo un referente en España”.
“O Partido Popular de Ourense está
preparado para a cuarta maioría absoluta de Galicia” e sinalou que “apoiamos a
un ourensán que demostrou en todos estes anos que é o mellor político de
España, avalado sempre por trunfos electorais”.