No labor de seguimento continuo desta infraestrutura, o pasado 30 de decembro os deputados populares presentaron no Congreso a seguinte pregunta ao respecto: “¿Qué explicaciones da el Ministerio de Fomento del flagrante incumplimiento del compromiso contraído de licitar en 2019 las obras del proyecto de la variante de Ourense. Tramo: Enlace de Eirasvedras con la N-120 en su pk. 573+800 – Enlace de Quintela con la N-120 en p.k. 572,000?”
Con data 12 de febreiro, o Goberno respondeu así a interpelación dos representantes populares: “El 22 de abril de 2019 se aprobó el proyecto de construcción Variante de Ourense. Tramo: Enlace de Eirasvedras con la N-120 en su pk. 573+800 – Enlace de Quintela con la N-120 en p.k. 572,000. El siguiente paso, incluido en la planificación, será licitar el correspondiente contrato de obras, cuando lo permita la situación presupuestaria”.
Os parlamentarios cualificamos como indignante esta resposta, máxime cando na actualidade hai uns orzamentos en vigor que son os do ano 2018 –prorrogados e elaborados polo goberno do PP- nos que hai consignados 2,5 millóns de euros que posibilitan a licitación desta obra. Lembran os deputados que de acordo co establecido no artigo 134.4 da Constitución Española, “se a Lei de Orzamentos non se aprobase antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os Orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos”.
Adiar novamente a licitación a que o goberno de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias presente uns novos orzamentos para o ano 2020 e agardar logo -no mellor dos casos- a súa aprobación no verán, implicará que de facto neste ano non sexa licitada a obra, denuncian os populares.
Así, engaden, “os socialistas marxinan a Ourense poñendo toda clase de escusas, mentres que noutras provincias galegas o Goberno central licitou xa obras similares en xaneiro deste ano”.
Así o 3 de xaneiro de 2020, o Ministerio de Fomento licitaou dous contratos que fan referencia a dúas obras na provincia de A Coruña. Un deles é o da nova ligazón Orbital de Santiago de Compostela entre a AP-9 coa A-54 e o aeroporto de Lavacolla, cun orzamento de 25.127.779 euros. O segundo contrato é dunha nova ligazón no PK 5,2 da AC-12, que prevé a construción dunha glorieta elevada, a ordenación de accesos e os cruces peonís con seguridade, no termo municipal de Oleiros (A Coruña). A lonxitude da actuación proxectada é de 0,6 qm e o orzamento de licitación das obras é de 12,57 millóns de euros.
Os parlamentarios esiximos ao Goberno que leve xa ao Consello de Ministros este expediente e deixe de agraviar a Ourense.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA. ANTECEDENTES.
• 07.02.2018. O secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública, e definitivamente o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo. Orzamento de Licitación estimado, con IVE: 30,2 millóns de euros.
• 27.09.2018. Na Comisión de Fomento, o deputado Celso Delgado formulou unha pregunta ao secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, sobre esta estrada, demandando que anunciaran xa a aprobación do proxecto de construción dese tramo e acordasen a súa licitación antes de que concluíse 2018.
O alto cargo de Fomento contestou o seguinte: “Mire, teño algunha información que me trasladan agora directamente desde o meu gabinete. No tramo Eirasvedras-Quintela, en relación co proxecto, vaise realizar unha auditoría de seguridade viaria e a continuación aprobaremos o proxecto técnico, ou sexa, está pendente de culminarse esa auditoría de seguridade viaria.” Foi unha sorpresiva resposta aludindo a un trámite nunca antes anunciado.
• 31.12.2018. Fomento non foi quen de auditar unha estrada de 1,7 quilómetros de lonxitude por falta de capacidade de xestión da Dirección Xeral de Estradas e tamén de falta de vontade política dos novos responsables ministeriais.
• 10.01.2019. O entón alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión no Ministerio de Fomento co secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, para reivindicar a necesidade de activar as obras do primeiro tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela). Durante a reunión institucional, o rexedor ourensán enfatizou a importancia de licitar o primeiro tramo deste proxecto estratéxico da cidade “porque nos permitirá desenvolver a área termal da zona e a creación de postos de traballo vinculados á mesma, algo que é fundamental para o futuro de Ourense, porque suporá a vertebración da cidade e a creación do Boulevard Termal, clave para poñer en valor as marxes do río Miño e a nosa riqueza termal”.
A partir desa data, o deputado Celso Delgado, formulou novas preguntas ao executivo socialista sobre as razóns pola que se estaba atrasando deliberadamente a tramitación deste proxecto. O 26 de febreiro de 2019 obtivo esta resposta: “O Ministerio de Fomento está actualmente levando a cabo as actuacións preparatorias para a adxudicación do contrato para a realización da auditoría de seguridade viaria do Proxecto de Construción “Variante de Ourense, tramo: Ligazón coa N-120 – Ligazón coa N-525”.
• 15.01.2019. Pedro Sánchez presentou o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 no que para este tramo non había consignación algunha. Ante este agravio, os deputados do PP reaccionaron manifestando que “como é posible que a variante norte de Ourense (Eirasvedras-Quintela), de 1,7 quilómetros, cunha partida en 2018 de 2,5 millóns de euros e que tiña que estar licitada o pasado ano reciba agora cero euros”.
Este feito provocou enormes protestas. O delegado do Goberno, o socialista Javier Losada, declaraba o 17 de xaneiro: “O proxecto segue o seu curso administrativo para ao longo do presente ano poder iniciar os trámites de licitación”, e “o proxecto está nunha fase moi avanzada, tan só pendente de finalizar a auditoría de seguridade vial”. En nun comunicado, a Delegación do Goberno chegaba a dicir que “aínda que non exista consignación orzamentaria para as obras nos PGE, estas podrán ser licitadas en 2019 a partir de abril pois computarían para a próxima anualidade”. Afortunadamente estos orzamentos tan negativos foron rexeitados e continuaron vixentes os de 2018.
• 30.01.2019. O gabinete do ministro de Fomento respostaba por escrito ao deputado Celso Delgado: “El proyecto podría estar por tanto aprobado y a continuación ser licitadas las obras en 2019”.
• En xullo de 2019, logo dunha pregunta dos deputados Celso Delgado e Ana Vázquez, o Goberno informou que o citado proxecto fora sometido á Auditoría de seguridade viaria -despois de meses de longa espera- e tamén que o proxecto de construción do tramo fora aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.
Unha esperada nova que se tiña que producir no ano 2018, pero que foi deliberadamente adiada polos novos responsables socialistas do Ministerio de Fomento, que interpelados de novo o pasado 3 de xullo sobre as previsións de licitación respondían, sen comprometer data algunha, que “tratándose dunha das actuacións prioritarias, procederase a licitar as obras na medida que o permita a dispoñibilidade orzamentaria”.
• 21.11.2019. O BOE publica un anuncio de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados. Un trámite que non condiciona en modo algún a licitación.