Con Caride e Carnicero en outubro de 2018 |
Era fillo de Pegerto Caride, industrial carroceiro, e a súa traxectoria desenvolveuse en empresas fundamentalmente relacionadas co automóbil, a carroceira Unicar e o Grupo Moyvesa, do que foi o seu presidente e que chegou a ter varios centros en Galicia representando a marca Opel.
O 13 de xaneiro de 1979 formouse a nova Directiva da Cámara oficial de Comercio e Industria de Ourense, que presidiu ata 1983 con gran acerto.
Foi un membro moi destacado da Igrexa Evanxelica Bonhome de Ourense.
O pasado ano mantiven varios contactos con Pepe Caride con ocasión da presentación no Liceo do libro "A Reforma Protestante e a Biblia do Oso", no que falou en representación da editora do libro. E logo no acto de emisión dun selo dedicado aos 450 Anos da Biblia do Oso e do V centenario da Reforma Protestante.
E lembro con satisfacción tamén unha comida en outubro de 2018 no restaurante do Liceo que compartin con Pepe e co seu gran amigo José Luis Fernández Carnicero, que foi o que peticionou o selo.
Ese día Pepe Caride obsequioume cun exemplar facsímile da Biblia en tradución de Casiodoro de la Reina.
Na dedicatoria agradecíame o apoio que preste para a aprobación do selo antes mencionado. Pero ademais engadiu a seguinte referencia:Timoteo 3:16-17
Agora leo estes versículos:
“16 Toda la Escritura es inspirada por Dios, y útil para enseñar, para redargüir, para corregir, para instruir en justicia,
17 a fin de que el hombre de Dios sea perfecto, enteramente preparado para toda buena obra.”
Descanse en paz.