lunes, 10 de febrero de 2020

Renfe non está disposta a rebaixar os prezos dos servizos Avant do corredor Ourense-Santiago- A Coruña


Nunha entrada deste Blog de data 24 de decembro de 2019 daba conta de que que o Consello de Administración de Renfe acababa de realizar unha proposta ao Ministerio de Fomento para manter os prezos nos títulos  multiviaxe (de 10 ou máis viaxes), e actualizar a tarifa media ponderada do 1% para os servizos de Obrigación de Servizo Público (OSP).

Así, en Media Distancia, a tarifa xeral actualizaríase en 2020 un 1,1%  (Eixo Atlántico) e en Media Distancia Alta Velocidade, nun 1,2% (Avant). No conxunto do servizo de proximidade a tarifa actualizaríase nun 1%, sen incrementos desde 2015. En todos os casos manteríanse os títulos  multiviaxe.

Respecto a os servizos comerciais aprobouse unha subida con carácter xeral do 1,1% sobre as tarifas base (tarifa flexible) de Ave, Euromed e Longa Distancia.

Dicía enton que esta decisión de política tarifaria de Renfe seguía incidindo na discriminación xa que as viaxes entre A Coruña, Santiago e Ourense subirán unha décima máis cas do corredor atlántico entre A Coruña e Vigo. 

Deste xeito
, viaxar da Coruña a Ourense custaría a partir do vindeiro 1 de xaneiro o billete sinxelo 25,60 euros, fronte aos 18,91 € do traxecto entre A Coruña e Vigo.

Diante desta situación presentamos de xeito inmediato iniciativas no Congreso dos Deputados para seguir insistindo na reclamamción dun trato non discriminatorio aos usuarios do corredor Ourense-Santiago-A Coruña, e pediremos unha redución do prezo entre un 30 % e un 40 %.

Con data 8 de xaneiro de 2020 os deputados populares ourensans no Congreso presentamos esta pregunta:  

¿Ante o descontento xeneralizado dos usuarios que senten discriminados, procederá RENFE a rebaixar polo menos un 30 %, o prezo dos billetes dos servizos ferroviarios   AVANT entre Ourense e Santiago, que son sensiblemente superiores aos cobrados no Eixo Atlántico Ferroviario?

Con data 7 de febreiro de 2020 o Goberno responde desta maneira: “A oferta de servizos de transporte ferroviario para a relación Ourense-Santiago confórmaa o produto  Avant, de alta Velocidade Media Distancia e, para o Eixo Atlántico, os produtos Rexional e Media Distancia.

Estes servizos, competencia da Administración Xeral do Estado enmárcanse nas denominadas Obrigacións de Servizo Público e, ao ser produtos/servizos ferroviarios diferentes, dispoñen dun sistema e unha  estructurta  tarifaria diferentes”

Como se pode ver, o Goberno elude a moi concreta pregunta que se lle facía e con esta resposta dá a entender que non ten vontade algunha de corrixir a situación discriminatoria que vivimos en Galicia.