Hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto
Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello que Galicia volveu
cumprir en 2019 os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e que pagou
aos provedores na metade de tempo que a media autonómica.
Logo
de avaliar o informe presentado pola Consellería de Facenda, sobre o avance do
peche do exercicio 2019, Feijóo trasladou a conclusión de que, un ano máis,
Galicia cumpriu o tope de déficit autorizado e o tope de débeda autorizada, e
fíxoo pagando sempre en prazo aos nosos provedores, pese aos retrasos e aos
impagos do Goberno central e situándose entre as CC.AA. con maior capacidade
investidora.
En primeiro lugar, no informe consta que Galicia de novo cumpriu o obxectivo de
déficit previsto, que era do 0,1% e quedou no entorno do 0,09%, executando o
orzamento aprobado polo Parlamento de Galicia, que incluíu como ingresos os
preto de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE do ano 2017.
Logo
de recordar que o Goberno central non ingresou un terzo dos 334 millóns de
euros das entregas a conta ata o 30 de decembro do ano pasado, o último día
hábil do ano, Feijóo aseverou que, pese a iso, a Xunta cumpriu.
No
que atinxe ao endebedamento, cómpre salientar que a comunidade tamén volveu
cumprir en 2019 o seu tope máximo autorizado e baixou a débeda. Así, o
presidente do Executivo galego que cos cálculos do avance do peche do
exercicio, 2019 pechouse cunha ratio de débeda/PIB do entorno do 17,5%,
sensiblemente por debaixo do tope autorizado do 17,9%. E con estas primeiras
estimacións, destacou que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a
ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto.
Así
mesmo, Feijóo explicou que a Administración galega presentou en 2019 un período
de pago, de media, de 18,3 días, a metade que a media de comunidades, que
superou os 37.
Por
último, e en relación ao esforzo investidor, cómpre salientar que Galicia
atópase entre as autonomías con maior esforzo investidor, dedicando o dobre de
porcentaxe que a media a investimentos. Así, o peso do gasto de capital sobre o
gasto non financeiro foi do 11,4%, fronte ao 5,8% de media.
O
titular da Xunta concluíu aseverando ademais que o Goberno galego seguirá
reclamando os 170 millóns de euros dos incentivos por ser unha comunidade cumpridora
en todos os parámetros fiscais durante os exercicios 2017 e 2018.
Parabéns ao presidente Feijóo e ao todo o seu equipo.
Parabéns ao presidente Feijóo e ao todo o seu equipo.