Unha vía de comunicación “estratéxica e de
enorme importancia para Valdeorras, O Bierzo, Ourense, Monforte de Lemos e, en
xeral, para as comunicacións entre Galicia e Castela-León”, tendo en conta a
notoria insuficiencia da N-120”, destacan os deputados.
Para os
representantes populares, desde que o primeiro paso deste proxecto (2005)
“pasaron máis de 14 anos e coidamos que xa chegou o momento de que vexamos
máquinas traballando nalgún dos tramos. Algo que é posible se houbera vontade
política”.
No 2019,
lembran, esa posibilidade era máis viable, pero para logralo terían que se
acelerar os trámites dos tramos A Veiga de Cascallá-O Barco e Villamartín de la
Abadía- Requejo, para así licitar as obras, “algo que desgrazadamente non
ocorreu”.
A situación dos
catro tramos nos que houbo alguna actividade é a seguinte:
Tramo Villamartín de
la Abadía-Requejo (7,6 qm./101,63 millóns de euros).
O 14 de marzo de 2019 o BOE publicou a resolución do
Ministerio de Fomento pola que se aprobaba o expediente de información pública
e definitivamente o proxecto de trazado “Autovia A-76 Ponferrada- Ourense,
Tramo: Villamartín de la Abadía-Requejo”, na provincia de León. Todo iso cunha
serie de prescricións a cumprimentar no proxecto de construción.
Respecto deste tramo, o Goberno respondeu a unha pregunta
dos deputados ourensáns o 3 de xullo de 2019 e dicía “que previamente á
licitación das obras deste tramo é necesario completar e aprobar o proxecto de
construción correspondente, que está en redacción”.

O 7 de xaneiro de 2020 presentouse outra pregunta: ¿Despois
de incumprir o Ministerio de Fomento os seus compromisos para 2019, cal é a
data do ano 2020 que compromete para licitar as obras do tramo entre
Villamartín da Abadía e Requejo da A-76 (Ourense-Ponferrada)? Con data 7 de
febreiro de 2020 o Goberno contestou: “En relación co asunto interesado, sinálase
que previamente á licitación das obras entre
Villamartín de la Abadía e Requejo é necesario completar e aprobar o
proxecto de construción correspondente, que se atopa en redacción.
O 13 de febreiro de 2019 aprobouse o expediente de
información pública e definitivamente o proxecto de trazado”.
Para
os deputados populares, “é moi evidente que o Ministerio se toma con
absoluta parsimonia a redacción do
proxecto e que non quere adquirir compromiso algún en relación coa licitación
das obras deste tramo neste ano 2020”.
Tramo Requejo-A Veiga
de Cascallá (10,7 qm/223 millóns).
O Ministerio de Fomento anunciou o 8 de xuño de 2017 que
adxudicara e formalizara o contrato de servizos de redacción do proxecto de
trazado e construción do tramo entre Requejo (León) e A Veiga de Cascallá (Ourense), por un importe de
1.847.823 euros. O prazo estimado para a redacción dos proxectos era de 18
meses.
En xullo de 2019, o Goberno contestounos que “o proxecto se
atopa en redacción. O próximo trámite corresponderá á aprobación provisional do
proxecto de trazado e a incoación do correspondente expediente de Información
Pública”.
A
data de hoxe, aos deputados non lles consta que tal redacción estivese
concluída, o que acredita un enorme atraso pois o prazo, que rematou o 8 de
decembro de 2018, está claramente superado.
Tramo A Veiga de
Cascallá- O Barco de Valdeorras (8,4 qm./55,7 millóns).
O Ministerio de Fomento aprobou o 10 de maio de 2018 o expediente de información pública do proxecto
de trazado “Autovía Ponferrada-Ourense (A-76). Tramo: A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras”.
O 30 de maio de 2019,
os deputados preguntaron ao Goberno sobre esta autovía e o 3 de xullo de 2019 respondía sobre esta licitación que “era
necesario completar e aprobar o proxecto de construcción correspondiente, que
está en redacción”, engadindo que “o Ministerio de Fomento ten previsto someter
a maior brevidade, ao preceptivo trámite de información oficial e pública, do
enlace de acceso a Biobra, necesario para completar a conexión da citada
autovía coas estradas N-120 nas proximidades do núcleo da Veiga de Cascallá e
coa OU-622, dotando de accesibilidade á autovía á zona de Biobra”.

O 7 de xaneiro de 2020 os
deputados presentaron unha nova pregunta: ¿Despois de incumprir o Ministerio de Fomento os seus compromisos para 2019, cal é a data do ano 2020 que compromete para licitar as obras do tramo entre A Veiga de
Cascallá-O Barco de Valdeorras da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada)?
Con data 7 de
febreiro de 2020, o Goberno contestou: “En relación co asunto interesado,
sinálase que previamente á licitación das obras da A-76 entre A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras, é preciso
completar e aprobar o proxecto de construción correspondente que se atopa en
redacción”.
A
resposta é desoladora e decepcionante. No tramo que estaba máis avanzado -en
maio de 2018 aprobábase o expediente de información pública- o Ministerio
acredita cos feitos a súa desidia na conclusión definitiva do proxecto de
construción. E como se ve por esta última resposta, tampouco compromete unha
data para a licitación das obras deste tramo en 2020.
Tramo Monforte de
Lemos (Leste)-Babela (7,7 qm/32,6 millóns)
Este tramo afecta a los términos municipales de Monforte de
Lemos, Sober e Pantón, na provincia de Lugo.
No BOE do 7 de
setembro de 2018 publicouse a formalización polo Ministerio de Fomento do
contrato de servizos para a redacción do proxecto de trazado e construción do
citado tramo. O orzamento deste contrato
é de 633.440,81 euros.
O 7 de xaneiro de
2020 os deputados ourensáns e lucenses presentaron a seguinte pregunta:
¿Que previsión de data en 2020 manexa o Ministerio de Fomento para concluír a
redacción do proxecto construtivo do tramo entre Monforte de
Lemos/Leste-Babelada A-76 (Ourense-Ponferrada)?
Con data 7 de
febreiro de 2020 o Goberno contestou que “o proxecto de trazado A-76,
circunvalación de Monforte de Lemos. Ligazón Monforte de Lemos/Leste-Babela
(Ourense-Ponferrada) atópase en redacción desde agosto de 2018 e continua a súa
redacción de acordo co programa de traballos vixente”.
Na
tramitación do proxecto deste tramo non hai atraso polo momento xa que o prazo
estimado para a redacción é de 18 meses, o que supón que vencerá o 7 de marzo
de 2020.