sábado, 22 de febrero de 2020

Vendo as obras de construción do aparcadoiro e da estación de autobuses


Visito á primeira hora de hoxe, nunha fría mañá e con néboa, a estación intermodal de Ourense, coa finalidade de ver o estado no que se atopan as obras de construción do aparcadoiro e da estación de autobuses.

E constato que avanzan ambas as a bo ritmo.

Respecto do novo aparcadoiro, lembro que en marzo de 2019 o Consello de Administración de  Adif Alta aprobou a adxudicación á empresa Acciona, por importe de 5.491.603,69 euros (IVE incluído), a construción dun novo aparcadoiro na estación intermodal de Ourense.

A súa construción responde ao Convenio Marco de Colaboración subscrito o 22 de xuño de 2016 - na etapa de goberno do Partido Popular- entre o Ministerio de Fomento,  Adif AV, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para o desenvolvemento da futura estación intermodal na cidade e a súa contorna urbana.

Situado baixo a área de aparcadoiro da actual praza da estación, terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.

O soto 1 albergará 145 prazas e o soto 2 inclúe 157. Do total de prazas reservaranse cinco en cada soto para persoas con mobilidade reducida.

Este aparcadoiro subterráneo dará servizo ao complexo intermodal pero tamén ao barrio da Ponte, onde abundan os edificios sen garaxe e falta un espazo de estacionamento de estas características e capacidade.


Tamén vexo que avanzan os traballos da nova terminal intermodal de autobuses, tanto de escavación e movemento de terras como as incipientes cimentacións da estrutura do edificio da estación.

Unhas obras reanudadas logo de que fose liberada a praia de vías por parte do Adif, que ocupaban parte do espazo no que se asentará a terminal.


Está previsto que na próxima primavera estea finalizada a estrutura do edificio da  terminal de autobuses, máis de 700 m² para albergar servizos de venda de billetes, consigna, oficinas, aseos, ademais de 13 dársenas de operación e outras 3 de regulación.