Foi no pavillón dos Remedios, que estaba totalmente ateigado de militantes e
representantes do PP chegados de toda Galicia, e coa presenza do presidente
nacional, Pablo Casado, e do presidente de honra da formación, Mariano Rajoy.

Baltar afirmou que “o partido máis importante de
España está hoxe representando en Ourense”, destacando así a presenza do
presidente nacional do PP, Pablo Casado, a quen agradeceu “o compromiso coa
unidade de España, coa cuestión demográfica e as políticas provinciais”.
Palabras de agradecemento que tamén tivo para o presidente de honra da
formación popular, Mariano Rajoy, a quen cualificou como “un gran amigo de
Ourense”.
Manuel Baltar afirmou que en “34 días, Alberto Núñez Feijoó voltará a ser presidente de Galicia, co apoio dos galegos e as galegas e o traballo da candidatura que encabezará pola provincia de Ourense Marisol Díaz Mouteira, “unha lista que xa encabezou nas autonómicas de 2016 e coa que conseguimos un récord histórico e que imos repetir”.
Nese obxectivo, engadiu, “contamos en Ourense con máis
de 27.000 militantes, 462 concelleiros e concelleiras, 60 gobernos locales e os
representantes populares na única Deputación galega gobernada, en coalición,
polo PP”. Na última cita coas urnas, nas xerais de novembro, lembrou, “fomos
quen de conseguir ser a mellor provincia de España en apopio electoral de
calquera formación en España”.
En referencia directa ao candidato do PPdeG á
reelección para a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, Baltar felicitou
ao presidente popular galego “por estes once anos de compromiso, de xestión, de
rigor, de ilusión e de equipo”. Once anos, dixo, nos que ofreceu a Ourense
notables melloras nos servizos públicos, en infraestruturas, en sanidade, en
deportes ou en educación, onde seremos referencia coa Centro de Innovación da Formación
Profesional”, que terá a súa sede na cidade.

Advirtió
que “un revisionismo del Estado de las autonomías sería empobrecedor”
Criticó
que hoy, desde Vitoria, Sánchez se haya metido con Galicia y con Feijóo en vez
de dar cuentas de lo sucedido en el vertedero de Zaldibar, donde hay dos
desaparecidos, y se pregunta qué le hubieran dicho a Mariano Rajoy ante una
situación semejante
Aseguró que
“a Sánchez le obsesiona Galicia” porque tras negociar con los independentistas
catalanes y con el PNV “ahora quiere que la otra nacionalidad histórica, que es
Galicia, esté al servicio también de los independentistas y de la extrema
izquierda”

Preguntó “cómo se puede explicar que los gallegos
hayan pagado 370 millones en impuestos y el Gobierno de la nación no lo quiera
devolver”. “No se puede quitar a los gallegos lo que ya es de los gallegos”.
Aseguró que defenderá los intereses de Galicia y
trabajará por su industria electro intensiva, ahora que hay 5.000 familias
“pendientes de la irresponsabilidad de Sánchez”, a quienes traslada su “cercanía”
y les transmite que peleará por su futuro
Subrayó la importancia de otros sectores
productivos para esta tierra como el conservero, el de automoción, el de los
astilleros y el medio rural para el que exige al Gobierno que negocie “a cara
de perro” en Bruselas
Se comprometió a negociar los aranceles con EE.UU.
“que se están cebando con los vinos españoles” y pide “más política
internacional en la Casa Blanca y menos con venezolanos dictadores en Barajas”
Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu compromiso con Galicia está máis
vixente ca nunca e só será presidente se a gran maioría de galegos así o quere nas urnas.
“Ratifico en 2020
o compromiso que adquirín con Galicia en 2009”, insistiu precisando que para el
segue vixente que o emprego ten que ser a prioridade, que os galegos paguen
cada vez menos impostos, que teñamos unha Sanidade pública con todas as
garantías, que os dependentes reciban a atención que merecen e que lles
corresponde, que as familias poidan ter máis opcións de conciliación, que a
mocidade teña un papel protagonista ou o que o non quede á marxe do desenvolvemento.
Da mesma maneira, mantivo que segue apostando polo respecto ao medio ambiente e
un territorio máis ordenado, pola innovación, por unha administración que
facilite a vida dos cidadáns, pola defensa da nosa cultura, da nosa riqueza
lingüística e da nosa liberdade e porque a política en Galicia vaia por diante.
CUMPRIR COA PALABRA DADA

O líder do PPdeG tamén indicou que é un candidato e un presidente libre
para deberse só a todos os galegos, sen excepción, e que se presenta para facer
unicamente o que estes lle digan. Por iso, afirmou que en campaña electoral
pediralles o voto para cumprir os seus compromisos con eles. “O que non farei será
pedir permiso a ningún partido para selo e que mo concedan a cambio de
sacrificar os meus principios e os meus compromisos”, puntualizou
salientando que iso lle valerá a Sánchez ou aos partidos do multipartito pero
non a el.
“Para este
partido, Galicia é máis grande e máis importante que as súas propias siglas”,
dixo recoñecendo que iso é o que fai grande á súa formación e non o tamaño dun
logotipo. Así, mentres para os populares a Comunidade está por diante, para o
actual PSOE a nosa Autonomía é secundaria e non lle importa só deberse ao
nacionalismo, ao independentismo e ao populismo -que só se deben a si mesmos- ata
perder toda dignidade e macular a dos españois.
CON ESTABILIDADE HAI RESULTADOS
Como lembrou Feijóo, malia que a Comunidade viviu momentos moi difíciles,
seguiu sempre en pé, pasando a ser unha Autonomía que crece, que é a que menos se
endebeda, que aproba as súas contas e que crea emprego. “Galicia leva 11 anos
sendo parte da solución en España”, insistiu mentres poñía en valor que “o 1 de
marzo de 2009 gañamos as eleccións pero a auténtica vitoria foi e é cada galego
que ao longo destes anos recuperou a esperanza e a confianza”.
Neste sentido
manifestou que, con estabilidade, os resultados sempre acaban chegando e expuxo
que hoxe temos a mellor educación pública de España, as familias teñen máis
apoio que nunca, contamos con máis medios e atención aos maiores e dependentes,
e os que viven no rural teñen máis servizos.
FÁLASE FACENDO
Ademais, a boa
xestión que se levou a cabo en Galicia permitiu que na actualidade os galegos
paguen menos impostos que en 2009 -Programa de impostos cero no rural, menos
IRPF e nada no imposto de sucesións e doazóns de pais a fillos-.
Igualmente, o
presidente subliñou que se dedica máis diñeiro ás políticas sociais que nunca,
concretando que os 4.109,6 millóns de euros do presuposto de 2020 é a maior
cantidade que se destinou nunca en Galicia á Sanidade Pública, engadindo que
tamén seguirán investindo e mellorando todos os comarcais e resaltando tamén
que nunca antes houbo máis investimento, máis prestacións, máis persoal, máis
tecnoloxía e menores listas de espera.
Segundo admitiu
na súa intervención, os populares en lugar de falar, prefiren facer e, nese
senso, recordou que a Xunta presidida por el é a primeira en ter unha
estratexia para o cambio climático e en ordenar o territorio, a que asegurou o
futuro do sector da automoción e a que conseguiu que os estaleiros pasasen de
estar baleiros a ser os segundos que máis traballan. De igual xeito, mencionou
que agora producimos máis leite que en 15 anos e estamos nos primeiros postos
do mercado en Europa, e que foi a súa Administración coa que se innovou e nos
abrimos a novos sectores como a aeronáutica ou a biotecnoloxía.
MIRAR CARA O QUE AÍNDA HAI QUE ACADAR
Logo de facer
balance destes anos, o líder dos populares galegos aseverou que hai que mirar
cara adiante xa que cara atrás só mira para dicir con total seguridade que ten máis
experiencia, está máis preparado e ten máis forzas que aquel 1 de marzo de 2009.
“E eu non estou aquí polo acadado senón por todo o que aínda temos que acadar”,
aclarou facendo fincapé en que dende hai 11 anos non fixo outra cousa que
cumprir co seu deber, que é Galicia.