Esta
mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos
Servizos Públicos de Emprego, correspondentes a febreiro de 2020.
Estos son:
OURENSE:
Baixa o
paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 106 persoas, un
- 0,57 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 900 persoas saíron
en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do –
4,66 %.
O
número de parados queda en 18.397, deles 8.070 son homes e 10.327 mulleres,
17.424 son maiores de 25 anos e 973 menores.
Por
sectores: 1.033 son da agricultura, 2.122 da industria, 1.519 da construción,
12.043 dos servizos e 1.680 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
Baixa o paro
rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 1.527 persoas, un - 0,91
%.
O número
de parados queda en 166.229 persoas, un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados. Por sectores: 6.029 son da agricultura,
18.297 da industria, 13.613 da construción, 114.987 dos servizos e 13.301
do colectivo sen emprego anterior.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 7.480 persoas saíron
en Galicia das listas do paro, un -4,3º %.
Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.
Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.
ESPAÑA:
En febreiro de 2020 o
paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en
42.933 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de
redución interanual do 1,31%.
O número de parados
rexistrados no mes de febreiro de 2020 baixou en 7.806 traballadores en
relación co mes anterior. En valores relativos, o descenso do paro é dun - 0,24 %.
É o dato máis baixo de paro rexistrado en febreiro desde 2008.
Así, a cifra total de
desempregados sitúase en 3.236.077.
O desemprego
masculino sitúase en 1.349.975 persoas, ao diminuír en 7.005 persoas (-0,52%)
respecto ao mes de xaneiro. As traballadoras en paro ascenden a 1.896.072, tras
reducirse a súa cifra en 801 respecto ao mes anterior (-0,04%). En cómputo
anual, o desemprego feminino baixa en 32.743 mulleres respecto a febreiro de
2019, o 1,70%. Supón algo máis do dobre da baixada do 0,75 % do paro rexistrado
dos homes que, no último ano, redúcese en 10.250 persoas
Respecto a os mozos,
o desemprego dos menores de 25 anos aumenta en 7.208 persoas (2,84%) respecto
ao mes anterior. Pola contra, en termos interanuais rexistra unha caída do
2,59% que duplica a media de redución de desemprego, con 6.951 mozos menos nas
listas do paro.
O paro de 25 e
máis anos baixa en 15.014, (-0,50%) no mes de febreiro respecto ao de xaneiro.
Por sectores
económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Industria 2.259 (-0,81%),
en construción en 4.819 (-1,82%), e en Servizos diminúe en 9.485 (-0,41%). Sobe
en Agricultura en 2.855 (1,90%) e increméntase no colectivo Sen Emprego
Anterior en 5.902 (2,31%).
Con todo, o
paro na agricultura descende en 3.318 traballadores, un 1,57% respecto a
febreiro de 2019.
En termos
mensuais, o paro rexistrado baixa en 11 comunidades autónomas, principalmente
en Canarias (-3.327), Illes Balears (-3.290) e Castela-A Mancha (-1.846).
En catro comunidades autónomas mantense prácticamente estable e sobe en Madrid
(2.147), e Cataluña (1.532).
Respecto ao ano
anterior, baixa en dez comunidades, entre elas a Comunidade Valenciana (-
9.135), Galicia (-7.480) e Andalucía (- 6.595) mantense en dúas e crece nas
cinco restantes.