Finalizou onte o Campionato de
España absoluto de pista cuberta en Ourense, no que o atleta Pablo Torrijos
pulverizou o seu propio récord de España de triplo cun salto final marabilloso
de 17.18.
E lembrarase polo feito insólito
de ver a un mesmo atleta gañar os 60 m lisos e 60 m valos á vez; xamais nas 55
edicións precedentes ocorrera tal cousa, mesmo nunca un mesmo medallista en
ambas as probas; tivo que chegar o gran Orlando Ortega para o seu nome e lograr
esta xesta nunha final.
Foron dous grandes días de gran
atletismo na pista de atletismo que se encheu de público en cada xornada nesta
edición que se disputaba por primeira vez en chan galego e que resultou todo un
éxito grazas ao gran apoio prestado polas institucións liderado pola Xunta de
Galicia e a continuación a Deputación de
Ourense, Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo, a máis diso
a organización local que estiveron de 10.
Salientar
as magníficas instalacións como as que conta Expourense con esta pista cuberta,
que fixo posible que os atletas acadasen marcas persoais e os mellores
rexistros da tempada.
“Un orgullo para o noso deporte e para todos como provincia,
polo que supón de promoción do noso territorio”, como dicía Manuel Baltar.