Amancio Ortega |
“Seguiremos comprando material, porque non podemos
esperar a ter un material centralizado polo Ministerio”, asegurou, resaltando
que hoxe, Galicia recibiu unha nova partida de material sanitario da Xunta que
ascende a máis de 700.000 mascarillas -500.000 compradas polo Sergas, 100.000
doadas por Inditex e outras 100.000 doadas por Grupo Caamaño-, que serán
distribuídas en tempo real ás áreas sanitarias e aos centros sociais.
Nesta mesma liña, o responsable do Goberno galego
reiterou a importancia de seguir facendo test masivos, así como coñecer a curva
epidemiolóxica; “sería moi útil para as comunidades coñecer cal é a previsión do
Goberno de España, cal vai ser o pico de hospitalización e de UCI que imos ter
nas comunidades”, abundou.
A modo de exemplo, Feijóo explicou que, ata o momento,
Galicia recibiu do Goberno central: 220.890 mascarillas, 33.205 batas, 352.000
guantes, 13.400 pantallas e 1.776 desinfectantes. “Para facernos unha idea, o
total das mascarillas chega para 4 días de consumo do Sergas, o total de batas
chega para 1,7 días e o total de guantes non chega a un día de consumo”,
precisou.
Neste eido, Feijóo quixo facer unha mención ao labor
que está a desenvolver a multinacional galega Inditex, non só pola
subministración que está doando ao Sistema Nacional de Saúde e ao Servizo
Galego de Saúde, senón tamén pola súa loxística e o seu transporte. “Sen os
avións de Inditex a maioría do material que entrou en España estaría aínda nos
aeroportos de China”, puntualizou, transmitindo o agradecemento pola
implicación “dunha empresa galega global que está dando unha mostra mundial do
que é un compromiso coa solidariedade, con España e con Galicia”.
Así mesmo, referiuse a outras empresas que tamén están
a doar material sanitario e asegurou que cando este chegue, o Executivo
autonómico faraas públicas.
O meu máximo recoñecemento a Amancio Ortega, Pablo Isla e toda a plantilla de INDITEX. A súa solidariedade é un exemplo para todos.
O meu máximo recoñecemento a Amancio Ortega, Pablo Isla e toda a plantilla de INDITEX. A súa solidariedade é un exemplo para todos.