Hoxe coñecemos que
o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en
19.006.760, o que supón un descenso de 243.469 ocupados con respecto a febreiro
(-1,26%).
Uns penosos datos, afectados polo
enorme impacto da pandemia do coronavirus que empézase apreciar de forma
notoria a partir do día 12 de marzo, polo que o dato de afiliación media non
reflicte con rigor o ocorrido no conxunto do mes.
É necesario, por
tanto, coñecer o dato do último día do mes, xa que expresa con máis
fiabilidade, nesta ocasión, a evolución do emprego e a repercusión da crise
provocada polo COVID-19. Ao 31 de marzo,
o número de persoas afiliadas á Seguridade Social foi de 18.445.436, o que
supón que ata ese día o sistema perdeu 833.979 afiliados.
En canto ao dato
medio mensual (o que se facilita habitualmente), o descenso en 243.469
afiliados é o segundo na serie histórica de marzo, só constátase outro dato
negativo en 2009 (-54.489). En 2019 nese mesmo período incorporáronse 155.104
ocupados.
De media, o número
de mulleres ocupadas alcanzou en febreiro as 8.884.144, o que supón un descenso
de 94.621.
Datos medios respecto a 2019
O cómputo
interanual da afiliación media arroxa este mes un saldo negativo, -36.817
(-0,19%), o que sitúa o total de ocupados en 19.006.760. O maior retroceso
corresponde ao Réxime Xeral, que experimenta unha baixada do 0,21%, o 0,05% sen
contar os Sistemas Especiais do Hogar (-14.985) nin o S.E. Agrario (-25.431).
O Réxime Especial
de Traballadores Autónomos restou 1.562 respecto a marzo de 2018 (-0,05%). O
Réxime do Mar baixou en 1.772 ocupados (-2,75%). O Carbón decrece en 323
afiliados, tras un descenso do 20,67%.
O número de
afiliados baixou en todas as comunidades autónomas, excepto na Comunidad de
Madrid (17.767), País Vasco (7.113), Región de Murcia (6.140), Comunidade
Valenciana (5.536), Navarra (3.412) e Cantabria (618). Destacan os descensos en
Andalucía (-27.984.), Canarias (-11.063) e Cataluña (-10.719).
Afiliación media respecto a febreiro
A afiliación ao
Réxime Xeral descendeu en marzo en 238.801 (-1,50%), o que sitúa o total de
afiliados medios en 15.690.350.
En marzo, só
aumenta a afiliación en Agricultura, Gandería, Caza, Selvicultura e Pesca con
840 (1,19%) e en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, que suma 11.767
(0,73%). As maiores caídas rexístranse en Actividades Artísticas, Recreativas e
de Entretemento, -14.141 (-5,17%); Hostalería, 60.229 (-4,85%) e Construción
-39.818 (-4,53%).
Dentro do Réxime
Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un aumento de
2.642 afiliados medios, en relación a febreiro (0,35%), o que sitúa o número de
ocupados en 749.382. O Sistema Especial do Empregados do Hogar, pola súa banda,
baixa en 814 afiliados (-0,21%), polo que agora alcanza os 393.358 afiliados
medios.
O Réxime de
Autónomos conta con 3.252.517 afiliados medios, tras caer en 5.380 persoas
(0,17%). Entre o Réxime do Mar a ocupación aumentou en 772 (1,17%), ata os
62.654 afiliados medios. Finalmente, o
Carbón sitúase en 1.239 afiliados medios (-10).
Por territorios,
descenden en todas as comunidades autónomas, salvo en Baleares, onde se
incrementa en 10.028 persoas (2,27%). As maiores baixadas corresponden a
Andalucía, con 54.098 afiliados menos
(-1,72%), Madrid perde 52.065 (-1,59%), Cataluña retrocede en 41.015 (-1.19%),
Canarias, con 19.964 menos (-2,44%) e Castela-A Mancha que baixa en 10.730
(-1,52%).
Impacto do
COVID-19
Sinala o Ministerio
que para coñecer como evolucionou o emprego no mes de marzo hai que precisar o
ocorrido no primeiros once días do mes, cando o emprego aínda evolucionaba
sumando afiliados, en concreto, +64.843 (diferenza entre 19.344.258 do 11 de
marzo e os 19.279.415 do 29 de febreiro) e entre os días 12 ao 31 de marzo,
cando o saldo na afiliación esborrallouse en 898.822 (diferenza entre os
19.344.258 do 11 de marzo e os 18.445.436).
No Réxime Xeral, a
caída foi de 855.081 afiliados (-5,63%), mentres que o Réxime de Autónomos, de
40.877 (-1,25%).
Se atendemos ao detalle,
por sectores os maiores descensos (desde o 12 de marzo) rexistráronse en
Construción (-17,08%), Hostalería (-14,27%),
Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (8,91%), Educación (-5,24%),
Transporte e Almacenamento (-4,76%). En Actividades Sanitarias creceu en 7.085
afiliados.
En canto ao tipo de
contrato, destaca con gran diferencia a caída da afiliación nos contratos
temporais, un 17,30%; o descenso na ocupación ligada a contratos indefinidos é
do 1,92%.
Por comunidades
autónomas, Andalucía (-6,64%) Canarias (-6,24%), Región de Murcia (-5,07%) e a
Comunidade Valenciana (-5,75%) rexistran os descensos máis acusados.
Os datos de
afiliación inclúen aos afectados polos
Expedientes de Regulación de Temporal de Emprego (ERTE) polo COVID-19, que se cifran en 258.645 relacións
laborais.
Galicia:
O número medio
de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no pasado mes de marzo acadou a cifra de 1.002.624 para o total do sistema, o que supón unha
diminución respecto ao pasado mes de febreiro de 2020 de 9.730 afiliacións
(-0,96%).
Todas as provincias amosan datos negativos, producíndose a maior baixada en Pontevedra (-1,23%).
Todas as provincias amosan datos negativos, producíndose a maior baixada en Pontevedra (-1,23%).
Na comparativa
interanual (marzo de 2020 con marzo de 2019) obsérvase unha diminución de 1.781
afiliacións no total do sistema en Galicia (-0,18%). A crise sanitaria racha a evolución positiva das afiliacións tras case seis anos de subas interanuais.
O número medio
de afiliacións á Seguridade Social diminuíu con respecto ao mesmo mes do ano
pasado en todas as provincias galegas, agás en Pontevedra. Pontevedra é a
provincia que presenta o maior incremento interanual nas afiliacións cunha taxa
de variación do 0,03%, o que supón 121 afiliacións máis, seguida de A Coruña
(-0,20%), Ourense (-0,25%) e, por último, Lugo (-0,65%).
Como
consecuencia da pandemia do coronavirus, cuxo impacto comeza a apreciarse de
forma notoria a partir do día 12 de marzo, é preciso sinalar que o dato de
afiliación media non reflicte con rigor o acontecido no conxunto do mes.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en 101.351 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.362 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-2,33).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 251 ocupados, (-0,25 %).
Recibirá resposta