Hoxe o pleno da Deputación de Ourense aprobou, en sesión extraordinaria celebrada no Pazo Provincial, destinar un orzamento de máis de 8,2 millóns de euros para poñer en marcha novas iniciativas para facer fronte á crise sanitaria, social e económica do COVID-19 na provincia de Ourense, sendo unha das liñas prioritarias do goberno que preside Manuel Baltar as axudas a autónomos, comercio e Pemes, que son máis de 4.000 en toda a provincia.
Ademais das medidas sanitarias, sociais e económicas, o pleno aprobou a declaración de loito oficial na provincia, ata o fin da pandemia en Ourense, polas vítimas da COVID-19. Ata o momento 112 na provincia e 24.275 no conxunto de España. Unha decisión moi acertada.
Ademais das medidas sanitarias, sociais e económicas, o pleno aprobou a declaración de loito oficial na provincia, ata o fin da pandemia en Ourense, polas vítimas da COVID-19. Ata o momento 112 na provincia e 24.275 no conxunto de España. Unha decisión moi acertada.
Entre as medidas para os autónomos, con axudas directas, tamén se aprobou unha liña para traballadores que foron despedidos ou que se atopan nun ERTE, así como accións de apoio económico para Pemes, medidas todas elas compatibles co Plan EmpregOU 2, que destinará aos concellos da provincia unha cantidade económica para que poidan facer contratacións.
Así mesmo, destacan unha serie de convenios que a Deputación asinará coa CEO e a Federación Provincial de Comercio co obxectivo de poñer en marcha unha plataforma de venda online exclusivamente provincial e, pola outra banda, co Colexio de Economistas de Ourense para implementar un portelo único empresarial para asesorar ás Pemes e autónomos da provincia; ademais da colaboración co Colexio de Psicólogos e co de Enxeñería Informática, para potenciar as posibilidades do teletraballo.
Tamén, dentro das medidas aprobadas para facer fronte á crise do COVID-19, están as axudas directas a entidades sociais e a colaboración coa Xunta de Galicia e con catro concellos da provincia para poñer en marcha infraestruturas socio-sanitarias. Estas medidas complementan as iniciativas xa postas en marcha pola Deputación ao longo desta crise sanitaria, como os 1,7 millóns de euros dedicados a gasto social, 400.000 euros para a compra de material sanitario, o reforzo dos servizos de teleasistencia e os de axuda no fogar, e os novos programas “ BenOurense Veciñ@ s”, para as persoas que vivan soas, e “ ComerciOU”, para que as persoas que se atopen nun momento de vulnerabilidade poidan investir no comercio local.
Na sesión plenaria de hoxe estreouse o novo sistema de xestión e retransmisión de plenos, que conta entre as súas funcionalidades coa posibilidade de voto electrónico, pantallas para o público e deputados, realización automática e elaboración de videoacta, ademais dun servizo de mediateca.