Onte, tivo lugar a reactivación polo Goberno central das
actividades económicas non esenciais que levaban 15 días paradas polo estado de alarma reforzado por mor do COVID-19.
En Ourense algunhas actividades da construción esperaron a
comezar ao día de hoxe debido a que o convenio provincial do sector prevía que o luns sería festivo.
Hoxe xa se aprecia actividade nunhas obras moi importantes da
cidade de Ourense: as da estación de autobuses e as do aparcamento subterráneo
da intermodal ferroviaria.
Nelas a prioridade
debe ser a de garantir a seguridade dos
traballadores, velando polo estrito cumprimento das medidas para evitar riscos
de contaxios.
Esta reactivación das obras contribúe a minimizar o
impacto económico e garantir a continuidade do emprego no sector.