Hoxe coñecemos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de
adxudicar as obras de construción dunha senda peonil na estrada OU-533 para
facilitar o acceso á nova estación do AVE, no concello da Gudiña.
Estas actuacións, adxudicadas á empresa Consernor S.L., comezarán nas
vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses.
Os traballos consistirán na construción dunha senda de formigón pola
marxe esquerda da estrada OU-533, desde o punto quilométrico 0+070, no paso
baixo o ferrocarril, ata as proximidades da localización da futura estación Porta
de Galicia.
O itinerario terá unha anchura de 2,50 metros desde o inicio e ata o
punto onde abandona a marxe da estrada e pasa a discorrer máis afastada, aproveitando
a antiga calzada, onde, ao dispoñerse de máis espazo, se ampliará ata os 3 metros.
Este proxecto mellora a accesibilidade á nova estación, se ben cómpre que
se resolva a súa continuidade por parte de ADIF nos terreos internos da terminal
e no paso inferior, que provoca un estreitamento e unha redución de gálibo que
debe ser solucionada. A Xunta xa lle trasladou esta cuestión a ADIF, sen ter
obtido ata agora resposta positiva.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta