A Xunta de Galicia finalizará este
verán os centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, en Ourense,
nos que inviste máis de 1,7 millóns de euros.
Nunha nota de prensa da conta de que “A conselleira Infraestruturas e
Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de
Infraestruturas, Francisco Menéndez, e da delegada territorial da Xunta en
Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe videoconferencias cos equipos
responsables das obras dos centro de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro
de Aguiar para supervisar o avance dos traballos.
Neste encontro constatouse que os traballos se están a realizar coas
necesarias medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar
contaxios polo COVID-19.
No que se refire á evolución das obras, no novo centro de saúde de
Paderne de Allariz xa está executada a estrutura e moi avanzados os traballos
de albanilería, pavimentos e alicatados.
O grao de execución destas instalacións sanitarias, nas que o Goberno
galego inviste 625.000 euros, xa rolda máis do 80%.
No centro de saúde do Pereiro de Aguiar xa está rematada a envolvente
exterior e a cuberta e tamén se avanzou no interior, restando traballos de
pintura, iluminación, mobiliario ou sinalización. Tamén está pendente de
executar a urbanización exterior.
Este centro de saúde, cun orzamento autonómico de 1,1 millóns de euros,
conta cun grao de execución do 85%.
Ethel Vázquez salientou que estes dous novos centros de saúde
proporcionarán aos veciños destes concellos unha atención primaria máis
próxima, máis moderna e mellor adaptada ás súas necesidades.
Subliñou a aposta pola sanidade pública que vén realizando a Xunta, que
na actualidade ten en execución unha decena de centros de saúde, cun
investimento de máis de 30 millóns de euros.
Fixo fincapé en que o Executivo autonómico segue construíndo a sanidade
pública, que é esencial para estar preparados e poder ofrecer unha boa resposta
ante situacións de emerxencia como a derivada do COVID-19.”