A conselleira de
Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da
Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantivo unha videoconferencia co equipo técnico
responsable deste proxecto para supervisar a evolución das obras. Na reunión tamén
participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco
Menéndez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, o concelleiro de
Infraestruturas de Ourense, José Miguel Caride e o director xeral de
Construción de ADIF, Juan Pablo Villanueva.
No encontro
abordouse o inicio, hoxe, da contratación da demolición da actual terminal de
autobuses, licitada por máis de 523.00 euros. A actuación suporá un
investimento autonómico global de arredor de 650.000 euros, tendo en conta a
necesidade de repoñer os servizos afectados.
As empresas poden
presentar ata o vindeiro 2 de xuño as súas ofertas para executar esta
intervención, que disporá dun prazo de execución de 4 meses.
Vázquez Mourelle
explicou que estas obras comezarán cando conclúan os traballos da nova estación
de autobuses e se traslade a ela a actividade, deixando eses terreos libres
para a nova residencia da terceira idade.
Por outra banda,
na xuntanza avaliouse o progreso das actuacións en marcha de construción da
nova estación de autobuses integrada na intermodal, reiniciadas a mediados de
abril tras a interrupción na súa execución derivada da crise do COVID-19. Na
reunión constatouse que os traballos se están a realizar coas necesarias
medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar contaxios.
A responsable de
Infraestruturas destacou o avance nos traballos da nova estación de autobuses
no barrio da Ponte, onde xa é visible a estrutura do edificio, que acada o 80%
de execución, restando o forxado da cuberta e as lousas dos vestíbulos.
Os traballos
previos de demolición están practicamente rematados, quedando só pendente a
cuberta do edificio do ADIF, adxacente á nova estación de autobuses, e o
levantado de pavimentos correspondentes ao aparcadoiro privado. A cimentación
do edificio de viaxeiros está case finalizada, salvo no vestíbulo que se atopa
no límite do aparcadoiro subterráneo que executa ADIF. Este mes prevese rematar
a estrutura do edificio para, seguidamente, comezar coa colocación de
tabiquería. Ademais realizarase o replanteo da cimentación da marquesiña de
andéns para comezar cos traballos de escavación da cimentación.
A conselleira de
Infraestruturas interesouse ante ADIF polo avance das obras no aparcadoiro
subterráneo de 300 prazas, que financia maioritariamente a Xunta, ao destinar
un investimento autonómico de 9 millóns de euros entre a nova estación de
autobuses e o aparcadoiro.
Para aclarar
estas cuestións, a responsable de Infraestruturas incidiu na importancia de
convocar unha reunión de seguimento para aclarar dúbidas e falar da execución e
deseño da parte ferroviaria.
Trasladou tamén a
preocupación da Xunta pola falta de información oficial respecto á realidade
das obras e do calendario previsto para o AVE a Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta