O pasado 24 de marzo chegaron os
primeiros usuarios o Centro Residencial Integrado de Coidados Intermedios de Os Miragres da titularidade da Fundación San Rosendo, no concello ourensán de
Baños de Molgas.
Este centro, cunha capacidade de 93
prazas, acollía entón aos seus primeiros
usuarios: aos 11 maiores positivos en coronavirus procedentes da residencia San
Carlos de Celanova.
Pois
ben, esta semana coñecimos que as dúas
últimas pacientes desa Residencia Integrada abandoaron as instalacións, xa recuperadas, para voltar á
súa residencia de orixe, o que pecha un intenso capítulo da sanidade pública de
Ourense, coa posta en marcha dun novidoso sistema asistencial, no que colaborou
voluntariamente persoal sanitario e residentes en formación de Centros de
Saúde, Puntos de Atención Continuada e do Hospital Universitario de Ourense, e
que chegou a funcionar como unha planta de ingresos Covid-19 mais.
Informa
o servizo de comunicación do Sergas en Ourense, que “por este centro pasaron 66
residentes positivos a Covid, procedentes de distintas residencias
sociosanitarias da provincia, cun estado de saúde que, si ben non requería dun
ingreso hospitalario, si dun seguemento continuado, que derivado da súa
condición contaxiosa, obrigaba a unhas medidas profilácticas e de prevención
moi elevadas, o que sumado a concorrencia de factores de risco por idade
avanzada e pluripatoloxía, dificultaba a súa permanencia no seu domicilio
habitual.
Esta
resposta asistencial púxose en marcha nun tempo record, grazas á implicación
dos distintos servizos e traballadores da Área Sanitaria de Ourense, Verín e
Valdeorras, que foron quen de abrir o centro, a tarde do 24 de marzo, nun tempo
record, partindo dunhas instalacións, ofertadas pola Fundación San Rosendo, nas
que non estaba prevista esta función asistencial, polo que carecían de
mobiliario e equipamento clínico, ou material terapeútico, e na que aínda non
funcionaran nunca servizos indispensables, como cociña ou lavandería, polo que
os primeiros días, estes tamén se prestaron desde o Hospital Universitario de
Ourense.
Desde o
primeiro momento a organización asistencial correu a cargo dun equipo formado
por profesionais da Área, dirixido por Alvaro de Castro, médico de atención
primaria; Ana Gómez e Mercedes Pulgar, enfermeira e traballadora social do
Hospital Universitario de Ourense. A eles fóronse sumando residentes de
medicina familiar e comunitaria do último ano, contratados xa como
especialistas, persoal de enfermería, e facultativos voluntarios de distintos
centros sanitarios públicos de Ourense e, progresivamente persoal non
sanitario, da Consellería de Política Social”
Expreso
o meu maior recoñecemento e agradecemento a este excepcional equipo de profesionais
sanitarios e de coidados que traballaron arreo para garantir a mellor atención ás
persoas maiores.
Parabéns ao SERGAS, as Consellerias de Sanidade e Política Social da Xunta e a Fundación San Rosendo.
Parabéns ao SERGAS, as Consellerias de Sanidade e Política Social da Xunta e a Fundación San Rosendo.