Desde o 17 de abril, en varias entradas deste
blog veño dando conta das miñas reclamacións ao Goberno central para que establecese con anticipación, protocolos claros e completos
para para a volta á actividade a partir de hoxe dos sectores do pequeño comercio
e da perruquería.
Uns protocolos que desde
o punto de vista da prevención, permitiran achegar confianza aos consumidores.
Unha vez máis o Goberno de España chegou tarde e
así tivemos que esperar ata onte pola tarde para ver no BOE unha Orde
Ministerial que determina as condicións que rexerán a reapertura de certas actividades
económicas e deportivas a partir na denominada fase 0. Todo a unhas horas da apertura sen tempo para a adaptación.
En relación cos locais comerciais, só poderán
abrir aqueles que conten cunha superficie de ata 400 metros cadrados. Tampouco
poderán abrir os situados en centros comerciais que non teñan un acceso directo
e independente desde o exterior. Deberán
ter un sistema de cita previa para poder dar acceso á clientela. No local só poderá
haber un cliente por cada traballador, e non se poderán utilizar as zonas de
esperas. O trato cos clientes que acudan ao local, sempre con esa cita previa,
deberá ser individualizado, garantindo unha separación física dous metros.
Cando non sexa posible manter esta separación, deberán instalarse mostradores
ou biombos.
No caso de negocios como perruquerías, centros
de estética ou fisioterapia, onde é imprescindible o contacto físico cos
clientes, os traballadores – segundo esta orde - deberán utilizar equipos de
protección individual, sendo obrigatoria a máscara. A orde especifica que o
titular do negocio deber garantir que se dispoña, como mínimo, de máscaras e
xeles hidroalcohólicos. Neste tipo de
locais, aínda que a separación entre traballador-cliente sexa menor a eses dous
metros, si se debe garantir esa distancia entre os clientes que coincidan no
establecemento.
Afortunadamente a Xunta de Galicia anticipouse e publicou guías de recomendacións preventivas ante o
coronavirus sectoriais en colaboración con distintas asociacións empresariais, unha
específica para o comercio e outra para a perruquería.
Ademáis destes protocolos ou guías
sanitarias poñerase en marcha unha campaña de divulgación e información de
comercio seguro. A través dela, enviaranse elementos informativos para colocar
nos mostradores de todos os establecementos que levarán recomendacións da
Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Nesta liña, outra medida será a creación
da plataforma Comercio Seguro, para que cada comerciante, dun xeito directo e
sinxelo, poida realizar un autodiagnóstico en liña que lle facilite unhas recomendacións
básicas sobre que medidas sanitarias e de prevención debe tomar no seu negocio.
Ademais, facilitarase a formación para os comerciantes sobre temas de
protección da saúde.
Parabéns á Xunta, especialmente ao conselleiro Francisco Conde por ter tomado estas inciativas e dar respostas aos sectores con feitos e non só con palabras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Parabéns á Xunta, especialmente ao conselleiro Francisco Conde por ter tomado estas inciativas e dar respostas aos sectores con feitos e non só con palabras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta