Nesta fase 2 da desescalada do estado de alarma pola pandemia da COVI-19, está prohibida a mobilidade interprovincial, de modo que os ourensáns non podemos viaxar ás praias das nosas costas.
Mentres tanto a provincia de Ourense, conta con moitos atractivos naturais para gozar do sol, do aire puro e da paisaxe.
Entre eles están as fermosas ribeiras do Río Miño.
Onte pola mañá estiven en Alongos, no concello de Toén, onde nun ambiente de gran traquilidade puiden relaxarme e sacar estas fotos que acreditan a belelza do lugar.