Hoxe coñecemos que o número medio de afiliados á Seguridade Social no último día de
abril foi de 18.396.362, o que supón
que o sistema rexistrou 49.074 afiliados menos que a día 1. Este dato contrasta
co retroceso de 833.979 afiliados que se produciu durante marzo.
Pola
súa banda, o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse en
18.458.667, o que representa un descenso de 548.093 ocupados con respecto á
media de marzo (-2,88%). Hai que sinalar que o impacto da pandemia do
coronavirus empezouse a apreciar de forma notoria a partir do día 12 de marzo,
polo que o dato da variación da afiliación media abril sobre a de marzo non
reflicte con rigor o ocorrido no conxunto do mes.
Respecto a 2019
Nos
últimos 12 meses, o Sistema perdeu 771.695 afiliados (-4,01%). Desta cifra,
712.160 corresponden ao Réxime Xeral, que experimenta un descenso do 4,48%. É a
primeira caída interanual neste mes desde 2013. En concreto, o Sistema Especial
Agrario viu diminuír en 22.418 os seus afiliados, mentres que o Sistema
Especial Empregados Hogar, en 26.447.
O
Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, perdeu 55.474 (-1,70%)
en comparación con abril de 2019. O Réxime do Mar diminúe en 3.729 ocupados
(5,74%). O Carbón decrece en 332 afiliados, cun descenso do 21,3%.
Respecto
a marzo
O
número medio de afiliados sufriu un descenso de 548.093 ocupados con respecto á
media de marzo (-2,88%). Non se producía unha perda de afiliación en abril
respecto a marzo desde 2009. En 2019 nese mesmo período incorporáronse 186.785
ocupados.
No
mes pasado retrocedeu a afiliación mensual en todos os réximes da Seguridade
Social, coa excepción do Sistema Especial Agrario, dentro do Réxime Xeral, cuxa
taxa aumentou respecto a marzo un 1,41% (en 10.561 afiliados). A ocupación
entre os traballadores do Réxime Xeral diminuíu no seu conxunto en 505.458
persoas (-3,22%).
Por
sectores, no Réxime Xeral, só se rexistrou crecemento en Actividades Sanitarias
e de Servizos Sociais, con 23.228 afiliados máis. Pola súa banda, Construción
perdeu 89.864 afiliados (-10,7%), Hostalería, 76.902 (-6,5%) e Actividades
Artísticas e de Entretemento, 20.702 (-7,99%).
O
Réxime de Autónomos contou con 3.211.267 afiliados medios, tras unha perda de
41.250 (-1,27%), e o Réxime do Mar rexistrou 61.283 ocupados, 1.371 menos que
en marzo (-2,19%). Finalmente, o Carbón situouse en 1.226 afiliados medios
(-14).
ERTE
forza maior
Por
último, hai que sinalar que do total de afiliados, ao 30 de abril, 3.386.785
estaban protexidos por unha situación de suspensión total ou parcial por
Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE). Serían o 24,25% dos
afiliados no Réxime Xeral. Deles, 3.074.462 atopábanse en situación de ERTE por forza maior.
Os
sectores onde hai máis afiliados nun
ERTE son Servizos de Comidas e Bebidas (726.137), Comercio polo miúdo
(448.243), Comercio por xunto (210.959) e Servizos de aloxamento (206.379).
As comunidades onde
hai máis ocupados nesta situación son Cataluña (678.684), Madrid (566.307),
Andalucía (477.392) e Comunidade Valenciana (349.634).
Galicia:
O
número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes
de abril do ano 2020 acadou a cifra de 974.770
para o total do sistema, o que supón unha diminución respecto ao pasado mes de
marzo de 2020 de 27.853 afiliacións (-2,78%).
Na
comparativa interanual (abril de 2020 con abril de 2019) obsérvase unha
diminución de 35.822 afiliacións no total do sistema en Galicia (-3,54%) e unha
diminución do 4,01% (771.695 afiliacións) no conxunto estatal.
Racha unha tendencia de seis anos de subas interanuais
consecutivas desde abril de 2014.
O
número medio de afiliacións á Seguridade Social diminuíu con respecto ao mesmo
mes do ano pasado en todas as provincias galegas.
Pontevedra
é a provincia que presenta a maior caída nas afiliacións cunha taxa de variación
interanual do -3,84%, o que supón 13.542 afiliacións menos, seguida de A Coruña
(-3,59%), Lugo (-3,21%) e, por último, Ourense (-2,72%).
No
que respecta ás afiliacións medias deste mes de abril con respecto ás do mes de
marzo de 2020, rexistrouse en Galicia unha diminución do 2,78%. Todas as
provincias amosan datos negativos, producíndose a maior baixada en Pontevedra
(-3,16%).
As
afiliacións ao réxime xeral, que representan o 76,8% das afiliacións galegas en
abril de 2020, diminuíron un 3,30% con respecto ao mes anterior. Na comparativa
interanual obsérvase unha diminución do 3,95%. En España estas taxas foron do
-3,22% con respecto a marzo de 2020 e do -4,48% en relación ao mes de abril de
2019. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de
afiliacións ao réxime xeral (70,6%).
Nas
afiliacións ao réxime especial de autónomos todas as provincias galegas amosan
taxas de variación interanuais negativas. O descenso medio da comunidade galega
situouse no -2,01%. Para este réxime e con respecto ao mes de marzo de 2020,
baixan todas as provincias, resultando para o conxunto de Galicia unha taxa do
-0,78%. As taxas nacionais para este réxime presentan baixadas, tanto con
respecto a abril de 2019 (-1,70%), como a marzo de 2020 (-1,27%).
No
que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a abril de 2019,
rexístranse baixadas en todas as provincias, destacando Pontevedra (-4,73%).
A
taxa galega sitúase entón no -3,90%, superior á de España (-5,74%). Con
respecto a marzo de 2020, a única taxa positiva atopámola en Lugo (0,99%),
mentres que A Coruña presenta unha taxa moi negativa (-5,27%). A taxa galega
amosa así unha diminución do 3,16% con respecto a marzo de 2020. A taxa
nacional é do -2,19%.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado
abril en 98.989 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 868
persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,85).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou
nesta provincia un descenso do 2,72 % .
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta