O mundo do
traballo vese profundamente afectado pola pandemia mundial da COVID-19. Ademais de ser unha ameaza para a
saúde pública, as perturbacións a nivel económico e social están a poñer en
serio perigo os medios de vida a longo prazo e o benestar de millóns de persoas
no mundo.
En España os datos da última EPA deron o peor dato desde 2013, a ocupación baixou en 285.600 persoas sen contar os ERTE e a tasa de paro subíu ata o 14,41%
O coronavirus obrigou aos sindicatos a celebrar o Primeiro de Maio de forma virtual por primeira vez nos seus 130 anos de historia no noso país. Desenvolverase nas redes sociais ante a imposibilidade de realizar manifestacións e concentracións nas rúas.
En España os datos da última EPA deron o peor dato desde 2013, a ocupación baixou en 285.600 persoas sen contar os ERTE e a tasa de paro subíu ata o 14,41%
O coronavirus obrigou aos sindicatos a celebrar o Primeiro de Maio de forma virtual por primeira vez nos seus 130 anos de historia no noso país. Desenvolverase nas redes sociais ante a imposibilidade de realizar manifestacións e concentracións nas rúas.
Galicia chega a este Día sen nada que celebrar: máis de
230.000 galegos están afectados por un ERTE, a EPA anticipa unha caída
dramática de ocupados que nos fan esperar un dato demoledor no dato do paro que
se coñecerá o vindeiro martes, e os autónomos galegos ven como o Goberno de
España lles insta a que pidan un crédito para non deixar de pagar nin un euro
en impostos.
Sería bo que o presidente Pedro Sánchez asumira as
17 propostas en materia de emprego, política fiscal e estímulos a empresa e
autónomos, que ten presentado o Comité de expertos que ven asesorando á Xunta,
e que lle foron remitidas esta mesma semana dende Galicia.
Comi dí hoxe o secretario xeral do PP de G, Miguel
Tellado “Sería positivo que o presidente do Goberno as comentara o domingo na
Conferencia de presidentes e testara o nivel de apoio ás mesmas entre os
máximos mandatarios autonómicos. Quizais perciba que o plan que defende a Xunta
é máis razoable que o seu propio”.
Ese plan inclúe medidas como segmentar as axudas ás
empresas en función da súa afectación polo estado de alarma ou reconsiderar a
decisión de esixir a empresas e autónomos a que cumpran coas súas obrigas
fiscais aínda que sexa pedindo préstamos bancarios e pagando xuros por elo.
Tamén facilitar crédito a empresas que serían perfectamente viables sen esta
crise pero que poden deixar de selo por falta de liquidez, axilización no pago
a provedores, modificación nos prazos de pago de algúns impostos, nas
declaracións “a ingresar” do IRPF e nas autoliquidacións do IVE, e rescates de
plans de pensións sen penalización ata final de ano, entre outras.
“A sociedade pode ser máis ou menos comprensiva
coas equivocacións de Pedro Sánchez pero non poder selo coa súa persistencia
nelas. Porque a complexidade da situación pode xustificar algúns dos erros do
Goberno de España pero teñen na súa mesa un plan que pode enmendalos. Se non
acepta esa axuda xa non podemos falar de fallos senón dun modus operandi. E
nese camiño non podemos respaldar ao Goberno”, di Tellado.
Para o dirixente popular, é o Día do traballador
máis triste para os traballadores. Por iso é imprescindible acertar coas
decisións que poidan dar certezas a empregados, autónomos e empresas. “Porque
do mesmo que a anticipación na toma de decisións en materia sanitaria podería
ter salvadas moitas vidas, a anticipación en materia económica pode salvar
moitos postos de traballo”, rematou.