O Boletín Oficial do
Estado do pasado sábado publicou unha
disposición adicional segunda que dicía
que “os establecementos non poderán
anunciar nin levar a cabo acciones comerciais que poidan dar lugar a
aglomeracións de público, tanto dentro do establecemento comercial como nas
súas inmediacións. Esta restrición non afectará as vendas en rebaixa nin
tampouco vendas en oferta ou promoción que se realicen a través da páxina web.”
É dicir, si poderá haber
rebaixas nas plataformas da internet, pero estes descontos non se trasladarán á
tenda física. Unha disposición que provocou un profundo e amplo rexeitamento no
pequeno comercio que se incorporaba este luns á actividade despois de case dous
meses de peche forzoso.
A improvisación coa que está actuando o
Goberno na reactivación económica, e do comercio de maneira especial, queda de
novo demostrada con esta decisión unilateral de diferenciar entre comercio
electrónico e comercio físico, permitindo facer promocións ao primeiro e
negándollas ao segundo.
Vemos como absolutamente contraditorio que se establezan condicións diferentes en materia de promoción comercial entre o comercio online e o comercio físico, unha situación que xera incertezas e dúbidas no sector. Máxime cando os comerciantes teñen as tendas cheas de mercadoría de tempada á que teñen que dar saída.
Vemos como absolutamente contraditorio que se establezan condicións diferentes en materia de promoción comercial entre o comercio online e o comercio físico, unha situación que xera incertezas e dúbidas no sector. Máxime cando os comerciantes teñen as tendas cheas de mercadoría de tempada á que teñen que dar saída.
É necesario que o Goberno determine
cales son as accións comerciais que se poden levar a cabo –sempre baixo a
premisa de garantir a seguridade e a protección da saúde de traballadores e
clientela– e, a partir de aí, establecer as mesmas para ambos os dous canais.
O Goberno aprobou unha vez máis medidas sen consultar ao sector e sen avaliar as consecuencias da súa decisión, da que o comercio e as CCAA nos tivemos que enterar de novo lendo a letra pequena do BOE.
Levamos semanas solicitando un protocolo claro de actuación a nivel estatal para que o comercio poida abrir ao público con plenas garantías e ofrecendo a máxima confianza aos consumidores. Pero decisións como esta última, lonxe de dar confianza a empresas e consumidores, o único que fan é acrecentar a preocupación do comercio galego.
Procede unha inmediata rectificación no BOE - non por medio de comunicados - é que os ministerios de Sanidade e de Industria, Comercio e Turimo coordínense.