Onte recibíamos a boa nova de que o Pleno do Concello de Ourense
deu aprobación definitiva ao Orzamento para 2020, que ascende a 103.126.170,09
euros, que fora aprobado inicialmente no pleno do 27 de xaneiro.
Foi nun salón a porta pechada e con 11 dos 27 concelleiros da
Corporación presentes, por motivo das restricións de distancia social derivadas
da crise da COVID-19.
O acordo foi
aprobado cos votos favorables do goberno municipal, formado polos grupos de
Democracia Ourensana e Partido Popular, máis Ciudadanos (7) e en contra de
PSdeG-PSOE e BNG (4).
Os orzamentos son “fundamentais para a reactivación económica na
situación en que estamos”, subliñou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome,
quen cualificou o pleno de “histórico”, dado que os últimos orzamentos
aprobados polo Concello de Ourense datan de 2014.
Aprobar os novos orzamentos, dixo, “é vital para esta cidade, e
nesta situación, máis ca nunca”, e subliñou o incremento das partidas dedicadas
ás políticas sociais “hoxe ese investimento está máis xustificada que nunca”,
dixo, xa que “a necesidade clama ao ceo”.
A concelleira de Facenda, nunha excelente intervención destacou que “son os
orzamentos máis sociais da historia, os orzamentos da recuperación económica e
social, e os que van permitir a recuperación do benestar”.
O alcalde agradeceulles aos grupos municipais que aceptasen
celebrar o pleno neste formato limitado polas necesidades de seguridade e
saúde, e avanzou que o próximo pleno levarase a cabo noutro espazo da cidade
coa asistencia da totalidade de integrantes da Corporación Municipal.
Sen dúbida algunha, dispor duns orzamentos é fundamental para o normal desencolvemento da cidade e máis neste momento de fonda crise económica e social.
Parabéns á todos e especialmente á concelleira de Facenda Ana Fernández Morenza.