Onte o presidente do Goberno galego,
Alberto Núñez Feijóo, insistiu ¡novamente na petición de que se permita a
mobilidade entre as catro provincias galegas.
Durante a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou que a mobilidade provincial “debería estar autorizada desde xa, en todo caso, para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos”.
Durante a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou que a mobilidade provincial “debería estar autorizada desde xa, en todo caso, para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos”.
“E tamén entendemos que se debe permitir
aos estudantes ir a recoller as súas pertenzas aos pisos ou residencias que
están nunha provincia distinta á dos seus domicilios”, engadiu, lembrando que
estas cuestións é algo que hai semanas que pide a Xunta.
“É difícil explicar que se poida ver a
dez amigos na provincia pero fillos e pais, netos e avós non poidan verse por
estar en cidades de provincias distintas, cunha situación epidemiolóxica igual
e, polo tanto, sen risco para poder ir dunha á outra”, abundou.
Ademais da mobilidade, o titular da
Xunta referiuse tamén a unha aclaración no tocante ao desfrute das praias,
autorizado a partir da fase 2. Ao respecto, pediu aclarar as medidas publicadas
no BOE, especialmente no que ten que ver coa fixación de 6 metros sobre a liña
de preamar, unha limitación que non ten en conta as especificidades dos areais
galegos, con moitas diferenzas entre preamar e baixamar.
En relación á situación social e económica, o responsable do Goberno galego lamentou o pouco que se sabe sobre o plan do Executivo central sobre o Ingreso Mínimo Vital e o reparto do fondo de 16.000 millóns de euros que se transferirán ás comunidades.
“Sobre o Ingreso Mínimo Vital, e pese a
que se vai aprobar supostamente o martes, non sabemos cal é o seu deseño, nin
se se vai solapar coa Renda de Integración Social de Galicia (Risga)”, expuxo,
reiterando a necesidade de que este mesmo mes se coñezan os criterios de
reparto dos 16.000 millóns; “é dicir, coñecer que cantidade de diñeiro nos
corresponde para poder xestionar programas de recuperación económica e social”,
precisou.
Por último, e despois de que o Goberno
central anunciase que nos próximos días varias comunidades autónomas poderán
saír do estado de alarma, o presidente da Xunta trasladou a vontade de que
Galicia sexa unha delas.