Os representantes populares no Congreso dos Deputados por Ourense, Ana Vázquez e Celso
Delgado, entendemos que a nova fase de
desescalada que agora se inicia debería ter tamén en conta a un sector
de gran tradición na provincia como son as
pulpeiras, excluídas do retorno á actividade dos negocios dedicados á
restauración e hostalería.
Por esta razón rexistramos onte na Cámara baixa unha
pregunta dirixida ao Goberno na que pedimos que aclare se ten previsto autorizar
a instalación dos postos de venda de polbo na provincia.
Nesta interpelación ao executivo, sinalamos que as pulpeiras, do mesmo xeito que
outros moitos pequenos negocios, levan dous meses de inactividade, situación
que está a provocar graves problemas económicos a un sector do que viven preto
dun centenar de familias só na provincia de Ourense.
E, subliñamos, cando se fala de familias debe entenderse a todos os
membros, pois son numerosos os casos nos que todos os integrantes dun mesmo
núcleo familiar dedícanse á venda de polbo.
Tendo en conta que desde o pasado 4 de maio abriron de novo as súas
portas os servizos de restauración para levar comida a domicilio, os deputados
ourensáns entendemos que tamén debería incluírse ás pulpeiras nesta desescalada, permitindo o seu regreso á rúas
da capital, vilas e pobos da provincia, adoptando as medidas hixiénicas,
sanitarias e de seguridade necesarias para preservar a saúde dos clientes e
traballadores.
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/05/10/diputados-pp-defienden-vuelta-pulpeiros/2286146.html
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/05/10/diputados-pp-defienden-vuelta-pulpeiros/2286146.html