Nunha entrada do pasado 9 de agosto daba conta dos traballos que se estaban a realizar en Ourense pola
empresa adxudicataria e por encargo de ADIF-AV no viaduto do tren sobre o leito
do Miño, ao seu paso pola cidade.
Un gran viaduto de formigón armado, de 359 metros de lonxitude e que foi
inaugurado en 1957. Foi un dos grandes viadutos construidos en formigón armado nesa época e ol segundo máis grande da liña Zamora-Ourense despois do zamorano de Martín Gil, sobre o río Esla.
http://www.celsodelgado.gal/2019/08/vendo-as-obras-do-viaduto-ferroviario.html
Salientar
que no psado mes de novembro – desde o 5 o 29 - no que estivo suspendido o
tráfico ferroviario foron realizados traballos de adecuación, consistentes en
rehabilitaciones puntuais do taboleiro e a posterior impermeabilización.
Hoxe pola mañá, a primeira
puiden ver como operarios realizaban traballos en altura, como amosan estas
fotos que fixen.
Agardemos que rematen dun modo satisfactorio.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta