E quedo moi satisfeito ao ver como se cumpren os protocolos de seguridade e hixiene fronte a pandemia COVID-19 e garántese a seguridade dos traballadores e dos clientes.
Desde o inicio do estado de alarma, o Centro estivo aberto, na planta baixa o supermercado galego Gadis e na Fase 1 abriron outros locais de restauración.
Agora na Fase 2 súmanse a práctica maioría dos demais establecementos comerciais. E pronto estará operativo o cinema e un establecemento de lecer infantil.
Destaca a seguridade e a limpeza tanto dos peiraos de carga, como das áreas de clientes.
Nas entradas, hai persoal informando: están colocadas alfombras desinfectantes, hai puntos de entrega de máscaras e dispensadores de xel hidroalcohólico.
Tamén hai cámaras en todas as entradas para contar as persoas que acceden ao centro e saber en cada momento o número de persoas que hai no centro comercial, que non pode superar o 30 % para lugares comúns.
Os ascensores e aseos están perfectamente indicados e son de uso individual. Hai circuítos no interior do Centro, debidamente sinalizados, para ordenar o desprazamento dos clientes respectando as distancias de seguridade.
Entrei en varios establecementos comerciais e constatei o ben acondicionado dos seus espazos, dispensadores de xel e anuncios dos aforos máximos autorizados.