O presidente detalla, a través dun vídeo -publicado na súa conta de Twitter: https://twitter.com/FeijooGalicia/status/1275715753132593152- as principais actuacións da Xunta nesta urbe. Trátase dunha acción conxunta ao resto das grandes cidades, nas que se fai un repaso polos principais fitos e investimentos desde 2009. A través deste vídeo, preténdese poñer en valor todo o traballo realizado, antes de que a pandemia do Covid-19 viñera a cambiar o escenario de prioridades.
O
líder popular ratificou o seu total apoio e compromiso co desenvolvemento da
cidade, para seguir a potenciar os seus servizos públicos e garantir máis
oportunidades para todos. De feito, a Xunta foi a Administración pública que
máis investiu en Ourense, o que supuxo importantes avances ao longo destes
anos.
Súmanse
a isto as actuacións no ámbito da atención primaria, como o novo centro de
saúde do Couto, no que se investiron máis de 3 millóns de euros.
MÁIS PRESTACIÓNS PARA OS MAIORES
Tamén
repasou as actuacións levadas a cabo en servizos sociais, como máis garderías públicas,
máis axudas a dependentes, ou máis prestacións para os maiores.
O
número de prazas en garderías públicas en Ourense duplicouse desde hai unha
década, de xeito que a ratio de prazas chega xa o 41 por cento, fronte ao 24 de
2009.
En
canto ás prestacións para os maiores, téñense incrementado un 25 por cento as
prazas públicas en Ourense desde o 2009, con novas dotacións, como a posta en
marcha do Centro Interxeracional da Farixa ou a nova residencia do barrio do
Pino, que suporá 120 novas prazas e a creación de 110 empregos.
Así
mesmo, o novo centro de atención á discapacidade aumentará nun 35 por centro as
prazas públicas.
ACTUACIÓNS EN EDUCACIÓN
O
apoio á educación traduciuse en numerosas iniciativas, entre as que figuran o
investimento de máis de 11 millóns de euros na ampliación da Escola Oficial de
Idiomas, do IES Universidade Laboral e a rehabilitación dos CEIP de Seixalbo e
Portovello.
Tamén
a rehabilitación integral do IES do Couto, a reforma completa do CEIP
Prácticas, xa en marcha; e as previstas de rehabilitación integral dos CEIP
Mestre VIDE e Virxe de Covadonga.
Outro
dos eixos de actuación nestes anos refírese á aposta pola Formación Profesional,
coa ampliación do CIP da Carballeira ou o Centro Galego de Innovación na FP.
Entre
as dotacións para a cidade, destacan o novo edificio xudicial, xa rematado, con
capacidade para 24 Xulgados e 15 salas de vistas; a Biblioteca Pública
“Xeración Nós”; ou a nova pista de atletismo, que é unha das máis grandes de
España.
Ademais
acometéronse actuacións de reforma da Catedral e un novo albergue de peregrinos
no Casco Vello. Outras das accións desenvolvidas foron as rehabilitacións no
Casco Histórico e no barrio da Covadonga; xunto coa adecuación das contornas
urbanas, para a mellora da praza e alameda de Covadonga, da Alameda da Ponte, e
a posta en valor da Ponte Romana.
REFERENTE VITIVINÍCOLA, AGROALIMENTARIO E
TURÍSTICO
No
eido económico, Ourense é referente en sectores como o vitivinícola, o
agroalimentario, a innovación e o turismo. A aposta estratéxica polo novo
Campus da Auga supuxo un impulso ao termalismo, un sector de grande interese.
Ourense,
afirmou o líder do PPdeG, está agora mellor conectada, e aínda o estará máis
cando se remate a conexión do Polígono de San Cibrao ou a estación intermodal
que será a entrada do AVE en Galicia.
Cómpre
resaltar que a cidade é tamén un exemplo pioneiro de autobús compartido e
baixo demanda, que beneficia a preto dun
milleiro de familias. A isto engádese a renovación das liñas de autobuses,
atendendo á conexión entre a cidade e o Polígono de San Cibrao das Viñas.