sábado, 20 de junio de 2020

Feijóo : “A motivación do PPdeG non é derrotar a ninguén, senón seguir traballando pola Comunidade, ser útiles e estar a disposición dos galegos”


Hoxe o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, retomou a actividade electoral e avanzou que será unha campaña só de propostas e para aportar confianza, xestión e certezas a Galicia. 

O líder dos populares galegos fixo fincapé en que estes non son tempos de enfrontamentos, senón de entendemento, solucións, respostas e de sentidiño.

Neste punto, incidiu en que a motivación do PPdeG non é derrotar a ninguén, senón seguir traballando por Galicia, ser útil e estar a disposición dos galegos, para que a nosa Comunidade supere a pandemia económica e as dificultades sociais e siga mellorando os servizos públicos e creando emprego. 

Para afrontar os retos e as dificultades que hai por diante, Feijóo avogou pola implicación de todos. 

Ao traballo conxunto dos galegos, dixo que o PPdeG quere sumar un Goberno autonómico que, ademais de aportar confianza, xestión e certezas, sexa libre para gobernar, non consuma enerxías en enfrontamentos e descoordinacións internas e non teña ningunha outra prioridade que os intereses xerais de Galicia e dos galegos.