viernes, 26 de junio de 2020

Feijóo pide non deixar nin á sorte, nin a pactos e nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar

presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu non deixar á sorte nin a pactos nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar o próximo 12 de xullo. “Galicia merece un resultado que saia directamente das urnas e non nos despachos dos partidos que perden as eleccións”, salientou.

Durante un mitin na Rúa, aproveitou para incidir en que, tras tomarse todas as medidas, poderase votar con total tranquilidade e normalidade; e afeou aos que pretender meter medo ou desanimar a facelo. Así, animou a acudir ás urnas, para que deste xeito “ninguén decida por vós”. 

UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA

Nun momento de división entre partidos, de inquedanzas e no que se busca o enfrontamento, o líder dos populares galegos propuxo unión, confianza, xestión e certezas. E sinalou que o entendemento é a materia prima para construír futuro e solucionar os problemas do presente. 

Así, tras pedir unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posiblesdixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, entre a inestabilidade ou a estabilidade, entre experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou unirnos todos.

O EMPREGO E A PANDEMIA, AS PRIORIDADES DO PPDEG

O líder do PPdeG fixo fincapé na necesidade de ofrecer certezas, ante a pandemia e ante as dificultades sociais e económicas derivadas dela: “O emprego e a xestión da pandemia serán a nosa prioridade”. É e que, tal e como subliñou, todos os galegos que están preocupados polo Covid-19, polo seu futuro e que queren unha política útil e ao seu servizo, terán no PPdeG un partido con proxecto e programa

O líder do PPdeG aproveitou para poñer a resposta de Galicia fronte ao virus: con sentimento e sentidiño, con cabeza e corazón. Unha ferramenta, dixo, que utilizará para superar as dificultades económicas e sociais

UNHA CAMPAÑA DE PROPOSTAS

Feijóo, que salientou que non ten máis prioridade que Galicia, garantiu 15 días de programa e de propostas para que Galicia conte con catro anos de xestión. Así, garantiu que, nesta campaña, non perderá nin un segundo en buscar a confrontación, xa que o seu compromiso é investir todo o tempo en presentarpropostas. 

Incidiu en que non quere unha Galicia dividida en partidos, senón unha Galicia que siga traballando conxuntamente; e que quere ser o presidente dun pobo que se mantén unido para alcanzar o futuro. Porque, tal e como remarcou, o seu obxectivo é que toda Galicia saia gañandoPara iso, garantiu esforzo, compromiso, dedicación, proxecto e programa.

GALICIA, PREPARADA PARA ENCARAR O FUTURO

Así mesmo, amosouse convencido de que Galicia será capaz de encarar o futuro con máis oportunidades. Para iso, farao apostando por un ensino máis completo e competitivo, apoiando ás familias e aos maiores, reforzando as políticas de innovación, respectando o medio ambiente, potenciando o medio rural e o mar, integrando o urbano e o rural, confiando nos mozos. 

Para rematar, destacou o seu compromiso con A Rúa e a comarca. Así, garantiu a construción do centro de saúde e o acondicionamento do colexio Manuel Respino.