viernes, 19 de junio de 2020

Felipe VI cumpre seis anos á fronte da Xefatura do Estado

18.6.2020
O Rei de España, Felipe VI, cumpre este venres seis anos á fronte da Xefatura do Estado.

Lembro agora o acto de proclamación da Súa Maxestade ante as Cortes Xerais, o 19 de xuño de 2014 na sesión solemne do Hemiciclo do Congreso dos Deputados, á que asistiron as principais autoridades do Estado.


http://www.celsodelgado.gal/2014/06/unha-monarquia-renovada-para-un-tempo.html

http://www.celsodelgado.gal/2014/06/no-dia-da-proclamacion-da-sua-maxestade.html


Na miña opinión está a exercer con responsabilidade e rectitude as funcións de defensa da legalidade e da Constitución española, base da nosa liberdade e tamén procurando o consenso entre os cidadáns.

Como ten proclamado "España non pode ser duns contra outros; España debe ser de todos e para todos. Así o quixo a sociedade española desde hai máis de 40 anos. Así o segue querendo e, sobre todo, así o merece."

Tamén debemos valorar que Don Felipe propiciou profundos cambios na Coroa cumprindo a promesa da súa proclamación "unha Monarquía renovada", incluídas a remodelación da Familia Real e a aplicación de esixentes normas de transparencia.


Parabéns Don Felipe. Longa vida o Rei.


19 de xuño de 2014