martes, 2 de junio de 2020

Galicia logra cambiar a tendencia e reduce en maio o desemprego tras os aumentos producidos en marzo e abril por culpa da covid-19:

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2020.

Unhas estatísticas que veñen marcadas pola parálise parcial na actividade económica derivada da crise sanitaria da COVID-19.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 25 persoas, un 0,12%.
A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 2.608 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do desemprego do  14,40 %. 

O número de parados queda en 20.714, deles 9.233 son homes e 11.481 mulleres, 19.573 son maiores de 25 anos e 1.141 menores.

 Por sectores, 1.011 son da agricultura, 2.426 da industria, 1.651 da construción, 13.874 nos servizos e 1.752 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixa en maio en 547  persoas con respecto a abril (un -0,29 %). 
Este dato nos sitúa como a quinta Comunidade con mellor comportamento en termos absolutos e a sexta en relativos, fronte á suba do 0,69% da media nacional. 

As estatísticas de desemprego de maio continúan marcadas pola parálise na actividade económica dos meses anteriores (marzo e abril) debido á crise sanitaria da covid-19, que a súa vez repercute no mercado laboral galego,

Aínda así, os datos reflicten un punto de inflexión na tendencia negativa iniciada a mediados de marzo, constatándose un cambio na evolución. 

O número de parados queda en 191.082, deles 843.931 son homes e 107.151  mulleres, 181.498 son maiores de 25 anos e 9.584 menores.

O paro baixa nas provincias de Pontevedra (-0,74%) e da Coruña (-0,20%) e na cidade de Vigo (-0,81%). 

Por sectores, 6.292 son da agricultura, 21.115 da industria, 15.598 da construción, 134.229 nos servizos e 13.848 do colectivo sen emprego anterior. O sector servizos segue a ser o máis castigado polos efectos da crise sanitaria no mercado laboral, sendo o único no que sobe lixeiramente o paro (+0,15%). No resto de sectores diminúe: construción (-4,65%), agricultura e pesca (-1,46%) e industria (-0,50%). 

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 30.277 persoas entraron en Galicia nas listas do paro, o que supón un crecemento do desemprego do 18,83 %. 

A pesar da suba, Galicia é a terceira Comunidade na que menos medra o paro en termos relativos, case seis puntos e medio por debaixo da media nacional (España: +25,27%). 

O desemprego viña diminuíndo en Galicia de xeito interanual nun mes de maio e encadeaba seis anos consecutivos de baixadas que se ven interrompidos polos efectos da covid-19. 

Sobe nas 4 provincias, nas sete cidades, en ambos os dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores. A suba en termos absolutos aparece concentrada no sector servizos (+24.759) o que supón 8 de cada 10 desempregados.