miércoles, 24 de junio de 2020

Reaberto o tráfico bidireccional no km 563 da N-120 en Velle, tras a reparación do desprendemento dun noiro


Nunha entrada deste blog de decembro do pasado ano  daba conta de que desde o pasado 7 de novembro a  estrada  N-120 (Vigo-Ourense-Logroño) ao seu paso por  Velle, viuse seriamente afectada por un desprendemento de pedras e terras desde un noiro que provocou inicialmente o corte completo da circulación ata o 29 de novembro que restableceuse por un só carril regulado por semáforos.

Os trastornos foron enormes durante 22 días, provocando desvíos para turismos pola vella  C-546 (hoxe  N120a) desde  Velle a Melias e especialmente para os camións de transporte que debían tomar a  N-540 via Chantada.


Pois ben, o 18 de xuño, o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (Mitma) informaba na súa web “que finalizaron os traballos de reparación dun noiro adxacente á estrada  N-120 á altura do  P. K. 563, en  Velle (provincia de Ourense). O importe das obras executadas ascende a 2,5 millóns de euros. Así, a partir de hoxe xoves, 18 de xuño, poderase circular con normalidade en ambos os sentidos, unha vez retirados os semáforos que viñeron regulando en condicións de seguridade a circulación desde que o pasado mes de novembro de 2019 producísese un desprendemento nesta zona.

 Características técnicas
Decembro de 2019

 As obras de reparación do noiro consistiron na retirada do material inestable, a estabilización do noiro (mediante redes de cables e mallas ancoradas, formigón proxectado, muros de dique) e a colocación de pantallas de protección para eventuais desprendementos. 

En total, foi estabilizada unha superficie de 1 hectárea. Nas próximas semanas realizaranse afeccións puntuais, para a reparación definitiva do firme na zona de obras.”

Un moi boa noticia, que celebro.