martes, 23 de junio de 2020

Feijóo propón aos galegos un novo programa en positivo, que se poderá comezar a aplicar o mesmo 13 de xullo

presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propón un novo programa en positivo, que se poderá comezar a aplicar o mesmo 13 de xullo. 

Asegurou que o documento é “realista e viable” e que non hai brindes ao soldogmas ideolóxicos nin promesas que só se sosteñen no papel. E garantiu que Galicia pode ter a certeza de que o PPdeG cumprirá e seguirá xestionando nesta lexislatura, ao igual que que fixo nestes once anos. 

No escenario actual de dificultades económicas e de incertezas pola evolución da pandemia, dixo que cobra máis importancia un programa que fonda as súas raíces en todo o feito desde 2009. Así, avogou por “aproveitar cada minuto” para seguir reforzando os servizos públicos e destinando recursos contra a pandemia económica e social; en lugar de perder o tempo en discusións entre partidos ou en negociar reparto de cadeiras e de cotas de poder dentro do goberno: “Propoñemos un programa que se pode poñer ao servizo de Galicia desde a propia noite electoral”. 

GALICIA, REFERENTE DE ESTABILIDADE E RESPONSABILIDADE
Tal e como remarcou Feijóo, Galicia converteuse en referente de estabilidade e responsabilidade porque desde o Goberno se xestionou a realidade sen despegarse dela. Así, fixo fincapé en que o importante non é formular promesas que soen ben, senón “asumir compromisos que se poidan cumprir”. E é que, tal e como salientou, “o valor dun programa electoral non se mide polas súas palabras, senón polos seus feitos”. 

Detallou que o programa electoral do PPdeG está articulado en cinco eixes e que ten un dobre horizonte temporal: por unha banda, afrontar a pandemia e paliar as súas consecuencias económicas e sociais; e, por outra, deseñar a Galicia de 2030. Deste xeito, o obxectivo é que a nosa comunidade, ademais de seguir reforzando o estadode benestar, recupere a senda do crecemento e se manteña firme no seu autogoberno e no seu galeguismo reformista

CINCO EIXES: ECONOMÍA, INNOVACIÓN, FAMILIA, VERDE E GOBERNANZA

O primeiro dos eixes pretende superar a pandemia e volver impulsar a economía. Neste senso, puxo en valor o Plan de reactivación económica -aprobado xa polo Goberno galego- e recordou que, grazas a que nestes anos Galicia cumpriu co déficit e non se endebedou máis do necesario, hoxe disponse de liquidez para afrontar os retos económicos

O segundo dos eixos está encamiñado a facer de Galicia unha comunidade innovadora. Así, Feijóodestacou o reforzo nas políticas en I+D+i; nunhaEducación con máis plurilingüismo e máis inclusiva; e na adaptación dos sectores económicos tradicionais á sociedade dixital. 

Así mesmo, apostou por unha Galicia que sexa cada vez máis familiar e que avance cara o futuro con máis benestar. O reforzo da Sanidade Pública, o apoio ás persoas maiores e aos máis pequenos ou encarar o reto demográfico son algúns dos pilares deste terceiro eixo do programa electoral. 

Por outra banda, Feijóo defendeu que a Galicia de 2030 sexa máis verde, sustentable e ordenada: con menos emisións, cunha planificación forestal avanzada, cunha mellor xestión dos residuos e co remate do proceso de ordenación do territorio. 

O últimos dos eixos é a mellora das estruturas de gobernanza democrática de Galicia. Para iso, garantiu a defensa da Constitución española e do Estatuto de Autonomía; lealdade co resto de administracións, sen deixar de defender o que lle corresponde a Galicia; o apoio dos galegos residentes no exterior; a aposta pola nosa lingua, cultura e patrimonio; e o compromiso co Xacobeo 2021.

UN BALANCE DE COMPROMISO E FEITOS
Así, o líder dos populares galegos asegurou que, despois de tres lexislaturas, preséntase cuncompromiso e cun balance de feitos: “A Galicia de 2020 parécese pouco á Galicia que asumimos en2009, pero ten bastantes semellanzas co contrato asinado no Obradoiro hai once anos”.

Para o líder popular, a boa política produce certezas, inspira confianza e formula solucións. Por iso, sostivo que non lle interesa a política baseadaunicamente na confrontación gratuíta e nos ‘non’ sen alternativa; na de estar por estar; na da dialéctica sen idease a que divide e serve só aos intereses partidistasE defendeu a política útil, a que, precisamente, lle interesa á nosa Comunidade: a dos consensos, as solucións e a que constrúe e une:“Esa política útil referendada nas urnas en 2009, 2012 e en 2016, e a que volvemos propoñer, con máis forza, con máis experiencia e con máis urxencia, neste 2020.

Amosouse contrario á política formulada en negativo e salientou que Galicia merece uns representantes que non estean contra ninguén, senón con quen máis o necesita; que gobernen desde o sentidiño e a experiencia por Galicia. 