O proxecto, adxudicado por un importe de preto de 155.000 euros á empresa Proyfe S.L., completará o eixe de comunicación Ourense – Celanova – Fronteira portuguesa coa mellora da estrada desde Celanova ata Lobios.
Cómpre lembrar que o proceso de adxudicación desta actuación veuse interrompida pola paralización dos procedementos administrativos consecuencia da declaración o estado de alarma polo covid-19. Segundo a planificación do departamento de Infraestruturas, e cumprindo cos prazos previstos na Lei de contratos públicos, a Xunta prevé poder asinar o contrato nos vindeiros días.
O obxectivo é comezar este ano os traballos de redacción do proxecto e someter a información pública a efectos expropiatorios, así como iniciar a tramitación ambiental e, a continuación, aprobar o proxecto e iniciar a contratación das obras.
A actuación incluirá a intervención en varios treitos para aumentar a súa capacidade coa execución de novos terceiros carrís de adiantamento.
Isto vai supoñer unha mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia que diariamente percorren a mesma, cun volume de tráfico diario de entre 1.500 e 2.500 coches, e que se incremente considerablemente no mes de agosto ata preto dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova Sur e a ponte de Lindoso, 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento.
A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando 4 quilómetros e medio de rectificacións de curvas.
O investimento estimado para a execución das obras será de 9 millóns de euros e favorecerá a mellora nas comunicacións interiores da Baixa Limia e nas súas conexións con Celanova e Ourense.